Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adxudicada a adquisición do equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC (por 6,1 millóns)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adxudicada a adquisición do equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC (por 6,1 millóns)

S. P.
Publicado: 21/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_cidade_das_tic_escenario_virtual_audiovisual.jpgA Deputación da Coruña adxudicou por valor de 6.115.592 euros o equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC (antiga Fábrica de Armas da Coruña), co-financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. A empresa adxudicataria resultou ser a división audiovisual de Telefónica (Telefónica Servicios Audiovisuales), que se encargará da parte de enxeñaría, dos sistemas de pantallas LED, iluminación, cámara e ópticas, tracking, escenografía virtual e xestión de media, das salas VFX e realizar a posprodución de audio, ademais da instalación, da formación, do mantemento e do soporte técnico.
Segundo explicou a Deputación o sistema de pantallas LED incorporará unha pantalla semicircular cun mínimo de 28 metros de longo e 6 metros de alto e resolución mínima de 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, “coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade”. Este sistema de pantallas, engade a institución provincial que preside Valentín González, “permitirá recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, emprazándose nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio”.
O escenario incorporará a maiores un sistema de iluminación xeral e de reforzo, sistemas de cámaras e ópticas cos seus soportes e accesorios, sistema de tracking, sistema de escenografía virtual, xestión de media, infraestrutura de vídeo e rede de datos. Tamén se inclúe o sistema eléctrico e a dotación tecnolóxica das salas VFX e de posprodución, conseguindo que o equipamento funcione de forma integrada.
A Deputación aclara que “a combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED posibilitarán aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detalladas e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de Realidade Aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real”. A entidade provincial tamén salienta que esta instalación innovadora permitirá “asumir un amplo rango de producións cinematográficas ou de series, así como producións broadcast e publicitarias”. Tamén se poderán crear, xestionar e transmitir eventos virtuais en diversos campos como entretemento, educación ou capacitación corporativa, entre outros.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “con este estudo audiovisual virtual sitúase á provincia da Coruña na vangarda internacional, mellorando a competitividade das empresas galegas do sector, e poñendo a Galicia como localización estratéxica de producións de cine, televisión ou videoxogos”.
Ademais do equipamento, a Deputación xa completou a redacción do proxecto de construción do edificio que albergará o CEI nun edificio de nova construción localizado na Cidade das TIC da Coruña, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros resérvanse para albergar o plató virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?