Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destina 2,7 millóns á contratación dun milleiro de mulleres en sectores como o verde ou o dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destina 2,7 millóns á contratación dun milleiro de mulleres en sectores como o verde ou o dixital

S. P.
Publicado: 23/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muller_dixital_moza_computador.jpgO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este 23 de agosto a orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que destina 2,7 millóns de euros á contratación de mulleres sen emprego en sectores con potencial como o emprego verde e dixital e o dos coidados. Mediante esta iniciativa, a Xunta ofrecerá itinerarios individualizados para que “máis de mil mulleres desempregadas, principalmente de concellos pequenos de ata 5.000 habitantes, poidan mellorar a súa capacitación e incrementar as súas oportunidades laborais”, explícase na convocatoria, na que se engade que estas achegas permitirán que entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro “desenvolvan programas de emprego en feminino”, co obxectivo de garantir a inserción laboral das mulleres e de que poidan participar na dinamización económica das áreas menos poboadas.
As traballadoras recibirán un incentivo de 400 euros, que se canalizará a través das entidades locais organizadoras, que se inclúe nas achegas de 1.715 euros por participante que poderán recibir, para dar cobertura, ademais, aos gastos técnicos, de material, de publicidade, de formación do persoal, etc. nos que poidan incorrer. A esa contía engadiranse outros 2.500 euros por muller inserida no mercado de traballo ao finalizar as accións.
O prazo de solicitude prolongarase dende este xoves 24 ata o vindeiro día 16 de outubro.
As destinatarias finais destes programas serán as mulleres desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e residentes, preferentemente, en municipios de ata 5.000 habitantes, que, á vez, presenten necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional para poder acceder a un sector laboral concreto. Coa medida agárdase chegar a unhas 1.047 mulleres, un terzo delas residentes neses concellos máis pequenos.
A orde de axudas, que se financia con fondos europeos a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), garantirá o apoio a mulleres en desemprego por medio de programas que combinarán accións de orientación laboral co asesoramento, a información, a formación e a adquisición de competencias e habilidades. A formación a impartir dirixirase a mellorar a capacitación para postos de traballo con boas perspectivas territoriais, derivados das necesidades do mercado laboral rural e urbano no que se desenvolve a iniciativa.
Tanto os itinerarios como a cobertura de postos de traballo resultante da súa execución orientarase, entre outros, cara ao emprego verde e dixital, ao eido dos coidados de longa duración, emprendemento e economía social, enerxías renovables, tratamento de augas e residuos, aproveitamentos forestais e agrarios sustentables, economía circular ou dixitalización de servizos. Porase o foco, así mesmo, nas oportunidades que brindan iniciativas de desenvolvemento local rural e sustentable (xestión do patrimonio, actividade turística, emprendemento e economía social con dimensión local e verde, produtos endóxenos) e que faciliten a cohesión social (atención da dependencia, intervención con colectivos vulnerables, etc.).
As accións terán unha duración de doce meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?