Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O bus da Xeración D desembarca esta fin de semana en Ribadeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O bus da Xeración D desembarca esta fin de semana en Ribadeo

S. P.
Publicado: 24/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bus_xeracion_d_xeraciond.jpgOs autobuses da Xeración D fretados por RTVE para incrementar as competencias dixitais da cidadanía seguen o seu periplo pola nosa terra, centrándose neste mes de agosto na provincia de Lugo. Logo da estadía da xira nas Pontes, en Guitiriz, en Lugo, en Chantada, en Sarria, en Burela, en Castro de Rei, en Mondoñedo, en Monforte e en Foz (que remata este xoves), o bus recalará en Ribadeo, os días 24, 25, 26 de agosto de 2023, no parque de San Francisco, co seguinte horario: xoves 24/08 de 17.00 a 20.30 horas e venres 25/08 e sábado 26/08 de 12.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
O itinerario da Xeración D é unha campaña itinerante impulsada por RTVE para mellorar as habilidades dixitais da cidadanía. Inclúe xogos e actividades didácticas gratuítas que aspiran a axudar á poboación a potenciar a dixitalización e pór freo á fenda dixital. A frota de Xeración D está formada por seis autobuses que están percorrendo a xeografía estatal a longo desta tempada primavera-verán. As actividades son totalmente gratuítas e teñen unha duración aproximada dunha media hora. O interior da unidade móbil está equipado con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. A experiencia é completamente personalizada e axústase ás necesidades de cada usuario.
O visitante comezará enfrontándose a un test autodiagnóstico que permitirá coñecer o seu nivel de coñecemento dixital para despois superar xogos e actividades variadas e de todos os niveis: desde aprender a realizar unha procura óptima en Internet ata fuxir das novas falsas (fake news), optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a identidade dixital. Ademais, o autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios terán que pór en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr saír da sala.
A campaña Xeración D está financiada polos Fondos Europeos Next Generation a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA), dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que recolle, entre os seus eixos estratéxicos, o reforzo das competencias dixitais dos traballadores e do conxunto da cidadanía coa creación do Pacto pola Xeración D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?