Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra óptica xa está dispoñible en Cima de Vila, no concello de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra óptica xa está dispoñible en Cima de Vila, no concello de Lugo

S. P.
Publicado: 25/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

David Llano, responsable de Adamo en Galicia, e a veciñanza de Cima de Vila
David Llano, responsable de Adamo en Galicia, e a veciñanza de Cima de Vila
A operadora Adamo vén de completar boa parte dos traballos para despregar fibra óptica FTTH en Cima de Vila (Pereda, Lugo), que permitirá subministrar á veciñanza e ás empresas un servizo co que non contaban ata o de agora: Internet ultrarrápida.
Segundo confirmou a operadora, a despregadura de fibra neste núcleo rural lucense veu acompañada dunha manchea de dificultades. “Habilitar fibra óptica non sempre é unha tarefa sinxela, de feito, resulta habitual que xurdan dificultades técnicas, obstáculos no terreo e ata problemas administrativos. En circunstancias así, as empresas que despregan a infraestrutura ven recortada a súa marxe de manobra e os principais afectados, por suposto, son os cidadáns que carecen desa tecnoloxía e están a desexar gozar dela. Foi o caso de Cima de Vila”, explicou Adamo, que, malia os atrancos no camiño, festexou coa veciñanza, esta semana, a chegada da Internet de alta velocidade. De feito, os días pasados leváronse a cabo as activacións de servizo nos primeiros fogares e a previsión da compañía é completar o proceso de cableado en outubro.
David Llano, responsable de Adamo en Galicia, comprometeuse expresamente coa asociación de veciños a mediados de xullo a que a fibra óptica fose unha realidade en Cima de Vila. “Logramos adiantar os traballos desde o punto no que quedaron parados, co esforzo dos nosos técnicos, para acurtar os prazos ao máximo. Desde Adamo, comprometémosnos publicamente a que os habitantes de Cima de Vila tivesen fibra óptica e xa é un feito”, concluíu.
Adamo chegará a 100.000 fogares da provincia
A operadora lembra que os traballos de Cima de Vila forman parte de todo un plan de expansión da empresa, que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar tal actuacións, a compañía investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización. “Malia todo”, engaden fontes da empresa, “o crecemento prosegue, xa que levaremos Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmóbeis conectados á nosa rede de alta velocidade no conxunto da provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?