Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN lanza a 5ª edición do premio que recoñece o espírito innovador do persoal da Administración galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN lanza a 5ª edición do premio que recoñece o espírito innovador do persoal da Administración galega

S. P.
Publicado: 25/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

traballando_computador_traballo_teclado_ordenador.jpgO Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases e convocatoria da quinta edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as convocado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), dependente da Consellería de Economía. O obxectivo do premio é “recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Administración pública galega para facela máis eficiente, moderna e innovadora, así como capaz de satisfacer mellor as necesidades da cidadanía”. Ao mesmo tempo, quérese dar impulso á Compra Pública de Innovación (CPI) na Xunta, co fin de consolidar Galicia como “un referente no emprego desta fórmula que fomenta a innovación a través da contratación pública”.
Bases do premio
Poderá presentarse a este certame todo o persoal funcionario e laboral ao servizo das seguintes entidades do sector público autonómico: a Administración Xeral da Comunidade Autónoma e as entidades públicas instrumentais (organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais e consorcios autonómicos).
O certame consta de dúas categorías: identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración, na que se deberá identificar unha problemática nun servizo prestado á cidadanía e motivar a necesidade e interese da súa resolución; e proxecto coa temática máis innovadora xa realizado ou en curso, na que os participantes deberán describir o dito proxecto (proceso, puntos fundamentais e carácter innovador). Os galardóns están dotados con 2000 euros para quen gañe individualmente e 3000 euros para quen gañe cunha candidatura grupal de ata 3 persoas.
O xurado terá en conta, na primeira categoría, o interese e relevancia do proxecto, o impacto sobre a contorna e efecto dinamizador, a posibilidade de levalo á práctica e a orixinalidade na presentación. Pola súa parte, na segunda categoría, o comité valorará o grao de innovación e diferenciación da proposta, o seu impacto sobre o escenario actual, a calidade, capacidade e compromiso do equipo promotor, a súa replicabilidade e a orixinalidade na presentación do proxecto.
As candidaturas deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 2 de outubro.
Premiados en edicións anteriores
Na última edición, recoñeceuse unha proposta para a optimización enerxética na Xunta de Galicia, así como o proxecto Mestres Gandeiros, un material didáctico soportado nunha páxina web, deseñado coa colaboración de gandeiros dos Ancares, co fin de poñer en valor a súa contribución como principais xestores da biodiversidade e a paisaxe.
No ano 2021, premiouse un traballo para mellorar a eficiencia do sistema educativo galego co emprego de sistemas de Intelixencia Artificial así como un software para realizar un teatro máis inclusivo.
No ano 2020 resultaron premiados un proxecto do Laboratorio de Consumo de Galicia para o desenvolvemento dunha aplicación móbil para mellorar o labor de inspección e control dos produtos á venda no mercado e unha iniciativa de Augas de Galicia centrada na xestión avanzada dos recursos hídricos galegos.
Na primeira edición, en 2019, resultaron premiados proxectos centrados no uso de vehículos compartidos na Administración autonómica; a utilización de Impresión 3D no Laboratorio de Consumo e un sistema de mellora de procesos e fluxos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?