Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC convoca a oitava edición do certame #TEDSaúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC convoca a oitava edición do certame #TEDSaúde

S. P.
Publicado: 25/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tedsaude-2.jpgA USC convocou unha nova edición (a oitava) do certame #TEDSaúde, un concurso que premia o traballo de lexendado (subtitulado) de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego e que en 2023 cumpre a súa oitava edición. O obxectivo é “estimular o uso do galego na área de ciencias da saúde e fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego en novos soportes neste eido”.
Promovido pola Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e co apoio das comisións de normalización lingüística das facultades de Ciencias, Enfermaría, Farmacia, Medicina, Óptica, Psicoloxía e Veterinaria da USC, o concurso #TEDSaúde contempla dúas modalidades de participación, unha dedicada a integrantes da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) durante o curso 2022-23 (modalidade A) e outra destinada a persoas alleas á USC (modalidade B). En ambos os casos, a inscrición pode ser realizada ata o 30 de setembro a través dun formulario en liña. Tras ter efectuado a matrícula, as persoas inscritas recibirán as instrucións para a subtitulación en galego dun vídeo TED que poderán entregar ata o 4 de novembro.
As bases de participación do VIII Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da Saúde ao galego están dispoñibles na web do SNL, que tamén contén ligazóns ás listas de reprodución cos vídeos cuxa subtitulación ao galego foi premiada nas sete edicións anteriores.
TED (do inglés, Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro dedicada ás “ideas dignas de difundir” e amplamente coñecida polo seu congreso anual e as súas charlas TED Talks, que cobren un amplo espectro de temas como ciencias, arte, deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía, desenvolvemento e lecer.
As persoas inscritas no concurso e pertencentes á comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) poden participar nun obradoiro de subtitulado que se desenvolverá os días 3 e 4 de outubro de 2023 entre as 16.30 e as 18.30 horas a través de Microsoft Teams. A inscrición, de balde, debe realizarse a través da Secretaría Virtual da USC. Todas as persoas que participen no obradoiro e entreguen os seus subtítulos antes da data límite recibirán un diploma de asistencia á actividade, así como unha constancia da experiencia de tradución e lexendado.
Premios
O xurado do certame concederá tres premios na primeira das modalidades, con contías de 300, 250 e 200 euros para os tres mellores traballos. Na segunda das modalidades, dirixida a persoas alleas á USC, as participantes competirán por dous premios de 300 e 150 euros para as propostas que fiquen en primeiro e segundo lugar, respectivamente. As persoas gañadoras de ambas as modalidades recibirán ademais un diploma honorífico. A resolución co ditame do xurado publicarase no taboleiro electrónico da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?