Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio Rural e AMTEGA achegan unha ferramenta para facilitar a rastrexabilidade dos produtos da madeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio Rural e AMTEGA achegan unha ferramenta para facilitar a rastrexabilidade dos produtos da madeira

S. P.
Publicado: 28/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bosque_forestal_tronco_medio_rural.jpgA Xunta de Galicia puxo a disposición da industria forestal unha ferramenta gratuíta que permite etiquetar a rastrexabilidade (trazabilidade) dos produtos da madeira mediante o uso da tecnoloxía segura blockchain (cadea de bloques). FORTRA é unha plataforma desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Axencia Galega da Industria Forestal en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.
Segundo explican, a tecnoloxía blockchain ten entre outras vantaxes asegurar que os datos non poden ser manipulados ou eliminados unha vez son introducidos e asinados en cada elo da cadea, “o que ofrece unha garantía de autenticidade e transparencia”. Isto “permite que os produtos que empregan esta ferramenta podan acompañarse cunha etiqueta que ofrece todo tipo de información sobre a orixe a e transformación da madeira”, aclaran dende Medio Rural e AMTEGA, engadindo que amais das características técnicas ou o cálculo de valor na pegada de carbono, a etiqueta permite coñecer a orixe exacta da madeira (lugar e referencia catastral), e proporcionar ligazóns web coa localización cartográfica. Tamén informa sobre especies, volumes, lotes, porcentaxe de uso de cada lote ou, no seu caso, sobre a existencia dunha certificación forestal. A etiqueta contén, así mesmo, unha relación de todas as operacións de procesado e política de proximidade (Km 0).
O obxectivo de FORTRA, apuntan, é “actuar como unha ferramenta de mercado, de carácter comercial, que permita ao sector diferenciar o seu produto e mellorar o seu posicionamento nos mercados nacional e internacional”.
A plataforma, avalada pola Xunta, permite a presentación dos produtos da madeira de Galicia como produto de proximidade, cunha pegada de carbono negativa, libre de deforestación e baixo parámetros de xestión forestal sustentable e, no seu caso, certificado.
A plataforma FORTRA foi unha das boas prácticas seleccionadas polo proxecto europeo Wood Circus do programa Horizonte 2020 da UE que ten como obxectivo principal promover as cadeas de valor baseadas na madeira como parte clave dunha biocoenomía circular en Europa. Foi tamén un dos proxectos finalistas dos Blockchain Alastria Awards 2023.
O proxecto deriva do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 e iniciouse cunha primeira fase piloto no 2020. Na actualidade está en fase progresiva de implantación e conta con 12 empresas activas na plataforma (ás que desde a Xunta de Galicia se acompañou e apoiou para a incorporación á ferramenta) e a traza de 153 produtos. Recibiu preto de 5.500 consultas de rastrexabilidade por parte de máis de 1.600 persoas usuarias. O cálculo de CO2 retido é de cerca dun millón de quilos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?