Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO leva a banda larga a 700 fogares e empresas de Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO leva a banda larga a 700 fogares e empresas de Boiro

S. P.
Publicado: 29/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

goberno_boiro_visita.jpgO delegado do Goberno, Pedro Blanco, visitou o pasado 23 de agosto o concello de Boiro. Na compaña do alcalde, José Ramón Romero, supervisou os proxectos que se están a levar a cabo no concello co apoio do Goberno central, que impulsou dende diversas frontes a transformación do termo municipal e dos seus núcleos cunha achega que supera os 3,5 millóns de euros.
Despois de manter unha reunión no Concello, o delegado e o rexedor boirense desprazáronse ata a Casa da Cultura de Boiro, no parque da Cachada, que nos próximos meses vai ser obxecto de melloras que “permitirán ampliar a capacidade do salón de actos para poder acoller unha oferta cultural máis atractiva e tamén para facelo máis accesible”, sinalaron, ao tempo que engadiron que esta actuación será posible grazas aos 1,5 millóns de euros do Goberno para unha actuación que ascende a 2,6 millóns de euros, que completará o Concello de Boiro, e que servirán tamén para integrar este espazo na súa contorna e mellorar a súa eficiencia enerxética.
Xunto a esta actuación, o alcalde e o delegado repasaron outros investimentos do Executivo central na localidade, como os 237.642 euros en axudas ao comercio local para a dinamización do Centro Comercial Aberto de Boiro, no que se incluía a reforma do Mercado Municipal, a Festa do Comercio ou servizos de dixitalización para comerciantes locais, entre outras medidas. Unha cantidade similar de 267.501 euros é a que suman as tres axudas que recibiu o concello para impulsar a eficiencia enerxética e que posibilitaron a mellora da iluminación en varios núcleos rurais do municipio, a renovación das instalacións de transformación de enerxía eléctrica das instalacións deportivas de Vista Alegre e a mellora da eficiencia enerxética da iluminación de distintos pavillóns.
Tamén destacaron a inclusión de Boiro no Plan de Sustentabilidade Turística Barbanza-Arousa Norte que, cun investimento de 1,5 millóns de euros, contempla a creación de roteiros personalizados e melloras en infraestruturas turísticas que, no caso de Boiro, concretarase na creación dun museo dedicado á conserva.
Pedro Blanco puxo en valor “o esforzo do Goberno por levar a banda larga a todos os concellos de Galicia, unha iniciativa que se materializa a través do Programa ÚNICO do Ministerio de Asuntos Económicos e que en Boiro permite dotar de conexión da Internet de alta velocidade a preto de 700 fogares e negocios que ata o de agora non gozaban deste servizo”.
Blanco engadiu que “os investimentos do Goberno no municipio, que se completan cos 15.500 euros do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero que o concello recibe do Ministerio de Igualdade, superan os 3,5 millóns de euros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?