Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e o CESGA, no consorcio estatal da computación cuántica: Quantum Spain
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e o CESGA, no consorcio estatal da computación cuántica: Quantum Spain

S. P.
Publicado: 30/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mapa_consorcio_cuantico_espana.jpgA Universidade de Santiago de Compostela é unha das 14 novas institucións asinantes do proxecto Quantum Spain, un consorcio impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (MINECO) a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Dixital (SEDIA). O obxectivo principal desta iniciativa, coordinada polo Centro de Supercomputación de Barcelona-Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS), é a creación “dun ecosistema de computación cuántica eficaz en España, que aproveite o impulso e talento do persoal investigador experto nesta tecnoloxía na contorna estatal”, explicou a USC acerca desta iniciativa, na que tamén ten parte activa, cos seus recursos, Centro de Supercomputación de Galicia.
Baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Física e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) Javier Mas Solé, a USC desenvolverá o programa TalentQ, que inclúe unha plataforma de materiais técnicos, divulgativos e educacionais cara á formación e difusión do coñecemento en materia de computación cuántica. Este programa de formación de talento busca “incrementar as capacidades de potenciais usuarias/os da computación cuántica e que todos os nodos da Rede Española de Supercomputación (RES) sexan capaces de atender os futuros destas tecnoloxías”, explicaron fontes da USC, engadindo que a institución académica compostelá colaborará co resto de integrantes do consorcio na organización de eventos e actividades científicas e fomentará a actividade formativa tamén con entidades alleas ao convenio, a través do patrocinio de eventos e o financiamento de bolsas e premios.
computacion_cuantica.jpgCanda a USC, intégranse agora no proxecto a Universidade de Barcelona (UB), a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), a Universidade Complutense de Madrid (UCM), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Universidade das Illas Baleares (UIB), a Universidade de Sevilla (US), a Universidade do País Vasco (UPV/EHU), a Universidade de Oviedo (UNIOVI), a Universidade de Navarra (TECNUN), a Universidade de Granada (UGR), o Centro Internacional de Física de Donosti (DIPC), o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) e a Universidade Politécnica de Valencia (UPV), institucións asinantes deste convenio cun orzamento total de 2.743.700 euros. A experiencia destas entidades sumarase á formada polos nodos da Rede Española de Supercomputación (RES), o que eleva a 27 o total de institucións participantes no proxecto.
Unha das tarefas fundamentais destas entidades será a creación de novos algoritmos cuánticos con aplicación en problemas reais das empresas e entidades públicas usuarias. En concreto, o seu traballo focalizarase na hibridación entre a computación cuántica e a Intelixencia Artificial (IA), coa estudo do Quantum Machine Learning (área de traballo relativa á aprendizaxe automática cuántica) como un dos seus compoñentes principais.
Os algoritmos desenvolvidos serán postos a proba coas máquinas cuánticas adquiridas a través do proxecto, cuxa instalación e operación están a cargo do BSC-CNS. Entre as accións máis relevantes da rede, está a adquisición e instalación dun computador cuántico de acceso público.
Actividades de formación no mes de setembro
Ao abeiro do programa TalentQ, o IGFAE programa en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) un curso de formación do 25 ao 28 de setembro. Coordinado por Javier Mas Solé e impartido polo investigador do Instituto de Física Fundamental do CSIC Luca Tagliacozzo, o curso Introdución ás redes de tensores afondará no potencial destas construcións matemáticas na simulación cuántica. A asistencia, presencial ou en liña, é gratuíta previa inscrición e confirmación da admisión. Pódese atopar información detallada do curso así como as vías para formalizar a inscrición na web do IGFAE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?