Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R amplía a súa oferta de entretemento engadindo Prime Vídeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R amplía a súa oferta de entretemento engadindo Prime Vídeo

S. P.
Publicado: 30/08/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

campana_r_manolo_necesito_tempo_volta_ao_cole_netflix_prime.jpgA operadora de orixe galega R vén de anunciar o lanzamento dunha nova proposta de valor para que os clientes poidan gozar, en palabras da empresa, “do mellor contido de TV a través das principais plataformas de entretemento do mercado”. Deste xeito, a partir deste 30 de agosto a comunidade de usuarios de R desfrutarán de Prime Vídeo “coas mellores series e películas”, xunto con Netflix e a plataforma líder de deportes DAZN, que xa formaban parte da oferta da operadora.
R engade que “como parte da subscrición Prime e ademais da oferta de entretemento con Prime Video”, os membros de Prime poden “gozar de envío gratuíto en millóns de artigos, escoitar gratis máis de mil millóns de cancións e podcasts con Amazon Music, acceder de xeito ilimitado a centos de libros e cómics con Prime Reading, a contidos e xogos de balde con Prime Gaming, ofertas exclusivas como Prime Day, entregas de produtos de alimentación con Amazon Fresh e DIA en Amazon.es nas localidades seleccionadas, e moito máis”.
A nova oferta de contido de R está dirixida a “calquera que desexe un paquete de TV completo e flexible”, apunta a operadora, engadindo que a oferta permite elixir calquera opción de entretemento. “Esta nova proposta significa que os clientes poden combinar os servizos de Netflix e Prime no seu Combo Infinito ou elixir só Netflix; e ademais os seareiros do deporte tamén poden rexistrarse no servizo DAZN (Esencial ou Total) e engadilo ás plataformas de entretemento se o desexan. E todo isto, sempre nunha única factura”, engade R.
Volta ao cole e tres meses de entretemento sen custo adicional
Por outra banda, a comunidade de usuarios de R ten a oportunidade de probar calquera das opcións de entretemento e deportes sen custo adicional ningún durante tres meses se contratan o Combo Infinito antes do 30 de setembro, por 59 € ao mes. A partir do cuarto mes, o prezo aumentará en función das opcións de entretemento e deportes que elixan os/as clientes/as: 10 €/mes a opción de Netflix; 14 €/mes Netflix + Prime; 18,99 €/mes e 29,99 €/mes DAZN Esencial e Total, respectivamente.
Por un período de tempo limitado e sen custo adicional, R quere que “os clientes gocen do contido de películas, series e deportes das principais plataformas do mercado, e que poidan seleccionar a opción que mellor se adapte ás súas preferencias”.
A nova proposta, xunto con todas as vantaxes do Combo Infinito (velocidade con 300 Mb de fibra MAX, dúas liñas móbiles de 5G con GB ilimitados, unha liña con chamadas ilimitadas e TV Ocio con Deco 4K), achega en palabras da operadora galega “os servizos de telecomunicacións máis amplos e avanzados do mercado”, e ademais permite “adaptalos ás necesidades do consumidor”.
R alíase coas principais plataformas do mercado
Prime Video ofrece nos fogares unha ampla colección de películas, series e deportes, todos dispoñibles para ver en centos de dispositivos compatibles. Para gozar de series, películas e documentais en galego e en español como, por exemplo, Culpa miña, Sen pegadas, Mañá é hoxe, O castelo de Takeshi, Celebrity Bake Off España e LOL: Si te ríes, pierdes; os gañadores de Emmy La Maravillosa Señora Maisel e Lizzo’s Watch Out for the Big Grrrls, a serie de televisión The Boys, un drama satírico de superheroes nomeado aos premios Emmy, e os grandes éxitos AIR, O Señor dos Aneis: Os aneis do poder, Citadel, Tom Clancy’s Jack Ryan, Creed III, Shotgun Wedding, Némesis, 13 vidas, Todo sobre Ricardo, La guerra del mañana, Reacher e Un príncipe en Nueva York 2.
Os membros Prime tamén poden acceder a contido con licenza, e engadir canles como Atresplayer, DAZN, LaLiga SmartBank, FlixOlé, MGM+, AMC+, AContra+, MUBI, Hayu, Noggin e Qello Concerts.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?