Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco fai un chamamento ás pemes galegas para que aproveiten as oportunidades do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco fai un chamamento ás pemes galegas para que aproveiten as oportunidades do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 31/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_lalin_kalekoi.jpgO delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, visitou esta semana as instalacións da empresa agroalimentaria Kalekói, en Lalín. Blanco aproveitou a súa estadía na comarca do Deza para animar ás pemes galegas a solicitar as axudas do novo Programa Activa Crecemento posto en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos do Plan de Recuperación do Gobierno. Este programa, dotado con 15,9 millóns de euros, “ten como finalidade a contratación, por parte das pequenas e medianas empresas, de servizos de asesoramento personalizado”, dixo, ao tempo que fixo un novo chamamento ás pemes para “que non deixen pasar a oportunidade do Kit Dixital”.
Resepcto do Programa Activa Crecemento, o delegado explicou que as empresas beneficiarias poderán contratar consultoras e entidades de acreditada experiencia para dispoñer dunha diagnose da súa situación e activar un plan de crecemento destinado, por exemplo, a innovación, recursos humanos, dixitalización ou mercadotecnia. Trátase, dixo, “dunha magnífica oportunidade para seguir avanzando na modernización e na innovación do noso tecido empresarial facendo ás pequenas e medianas empresas máis competitivas”. O prazo de solicitude abrirase o próximo 5 de setembro e a convocatoria está aberta a todas as empresas con condición de peme.
Kit Dixital
Xunto a estas axudas, o delegado emprazou ás empresas e persoas autónomas de Lalín a non deixar pasar a oportunidade que supón o Kit Dixital, un programa que promove a dixitalización dos pequenos negocios e que na provincia de Pontevedra leva mobilizados máis de 21 millóns de euros, con máis de 4.000 beneficiarios. O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata fin de ano.
Kalekoi
No transcurso da visita ás instalacións do taller de produtos lácteos especializado na elaboración de iogures, kéfir e leite fresco, Pedro Blanco destacou “o exemplo que supón Kalekoi, unha pequena empresa familiar que destaca claramente polo seu enfoque innovador e polo seu compromiso coa sustentabilidade, a competitividade e a máxima calidade do produto”, motivos polos que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación outorgoulle un accésit nos Premios Alimentos de España 2022 na modalidade de Iniciativa Emprendedora. O delegado quixo aproveitar a ocasión para felicitar a esta empresa por este galardón, así como a Lácteos Anzuxao, tamén de Lalín, que recibiu o Premio Alimentos de España 2023 na categoría de Mellor Queixo Madurado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?