Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aplicará a Intelixencia Artificial na administración educativa dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aplicará a Intelixencia Artificial na administración educativa dixital

S. P.
Publicado: 31/08/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rueda_educacion_ia_edugaiia.jpgO Goberno galego presentou este xoves 31 de agosto, a través do presidente Alfonso Rueda, os detalles do proxecto EdugaIIA, proxecto que vai aplicar as vantaxes da Intelixencia Artificial á administración educativa dixital. Farao co obxectivo de “mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico único e habilitar un portelo único de comunicación da comunidade educativa”. Segundo fixo saber o presidente, EdugalIA é un programa pioneiro e “moi innovador xa que non se ten feito en ningunha outra comunidade autónoma”.
O proxecto virá acompañado (a partir de mañá) dunha consulta previa ao mercado mediante o proceso de compra pública de innovación, coa finalidade de que as empresas tecnolóxicas amosen os recursos de que dispoñen para facer realidade EdugaIIA. “Trátase do sistema de contratación pública que permite mercar ou adaptar ás necesidades do cliente, neste caso a Xunta de Galicia, produtos que aínda non están no mercado”ou deseñar solucións para desenvolver un proxecto concreto, explicou o presidente.
Prevese que EdugalIA teña unha fase inicial de desenvolvemento e proba no período 2024-2027, seguida dun proceso de avaliación de resultados e posible despregadura progresiva de solucións a partir do ano 2028. A maiores, o Goberno galego traballa, así mesmo, para que este proxecto obteña o financiamento que requiren este tipo de iniciativas mediante o Programa España FEDER para o período 2021-2027.
A iniciativa entronca directamente coa Estratexia de educación dixital de Galicia, Edudixital 2030 e, en concreto, cun dos seus obxectivos básicos: o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento.
EdugalIA desenvolverase a través de tres ámbitos de actuación, o primeiro deles a gobernanza, o segundo a creación dun expediente único académico, e o terceiro a habilitación dun punto único de contacto entre a comunidade educativa.
Gobernanza
No eido da gobernanza, habilitarase un novo modelo de administración educativa dixital que “permita integrar e consolidar de forma fiable información procedente de múltiples fontes e formatos”, sinalou Rueda, engadindo que grazas a este eixe de actuación poderase analizar a información de cada alumno e contrastala cos programas educativos da consellería en que participou, aplicando algoritmos avanzados de análise da información para avaliar os factores que inciden no abandono temperán e fracaso escolar, entre outras cuestións.
Outra das súas principais funcións será a de analizar a vulnerabilidade da contorna de cada centro educativo para priorizar os recursos de atención de necesidades específicas de apoio educativo e optimizar a distribución de recursos orientados á súa atención.
O obxectivo nesta vertente é que os xestores do sistema poidan analizar a súa evolución tanto de forma global como a nivel de centro educativo e programa implantado, permitindo a toma de decisións baseadas en evidencias e datos personalizados de calidade. “Farase fincapé nas familias e centros educativos especialmente vulnerables”, comentou o presidente.
Expediente único
O segundo ámbito ten como finalidade poñer á disposición do alumnado e das súas familias para consulta un expediente dixital do alumnado. “Agora non existe. Se un alumno cambia varias veces de centro terá un expediente en cada un”, indicou Rueda.
Este documento, dixo, será susceptible de integrar información relevante no nivel académico e laboral procedente de diferentes administracións públicas vinculado á identidade dixital dos alumnos e, nalgunhas etapas educativas, dos seus titores e das súas titoras.
Incluirá datos de identificación, de escolarización, académicos, sobre atención a necesidades específicas de apoio educativo, outros datos educativos e de formación relevantes e metadatos do expediente.
O obxectivo é que “este expediente acompañe ao longo do seu tránsito polo sistema educativo na súa relación cos diferentes centros e administracións e que sexa accesible desde calquera lugar en calquera momento”.
Punto único de contacto
Finalmente, a través de EdugalIA “crearase un espazo único para a comunicación entre alumnos e familias e os centros ou a administración educativa”, indicou o presidente.
O obxectivo é dispoñer dun sistema co que o alumnado e os seus titores poidan interactuar arredor de aspectos vinculados coa súa relación coa consellería, como dúbidas sobre procedementos administrativos no ámbito educativo, asistencia á toma de decisións académicas e orientación en procedementos administrativos como a solicitude de bolsas ou a admisión de alumnado.
Todo o sistema estará deseñado baixo parámetros adecuados de protección de datos, xestión de permisos, consentimentos de cesión de información e privacidade, sinalou Rueda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?