Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa formativo Galegas Dixitais desembarca en Nigrán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa formativo Galegas Dixitais desembarca en Nigrán

S. P.
Publicado: 01/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galegas_dixitais_nigran.jpgDende esta semana e ata o 11 de setembro estará aberta a inscrición para as mulleres de Nigrán que queiran dar un novo paso en materia de capacitación tecnolóxica. Trátase do programa Galegas Dixitais, unha iniciativa autonómica de formación de balde dirixida á poboación feminina de concellos de menos de 30.000 habitantes. Desenvolverase dende o 18 de setembro ao 30 de outubro.
As persoas interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de 9.00 horas a 13.00 horas ou a través da sede electrónica, acompañada da tarxeta de desemprego ou tarxeta de mellora de emprego.
A través desta iniciativa achéganse competencias dixitais básicas (40 horas), competencias dixitais avanzadas (40 horas) e competencias dixitais para o emprendemento (40 horas).
Terán preferencia para participar as mulleres de Nigrán en situación de desemprego. As actividades levaranse a cabo de luns a venres no Centro Antena daa rúa Otero Pedrayo, en horario de mañá e tarde.
Galegas Dixitais conta co financiamento da Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, ten como obxectivo concreto “mellorar as capacidades dixitais das participantes”. No Facebook de Galegas Dixitais podemos consultar o calendario das restantes actividades e paradas nos concellos da xeografía galega.
As mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os seguintes resultados:
– Aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu traballo ou negocio.
– Mellorar a súa capacidade de empregabilidade.
– Levar un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar neste programa é totalmente de balde xa que o programa está promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?