Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo asesorou gratis a 1.230 empresas co plan Acelera PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo asesorou gratis a 1.230 empresas co plan Acelera PEME

S. P.
Publicado: 01/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

acelera_peme_deputacion_de_lugo_balance_jose_tome.jpgA Deputación de Lugo xa prestou asesoramento gratuíto a 1.230 empresas da provincia de Lugo en materia de transformación dixital grazas ao programa Acelera PEME que ten en marcha dende hai medio ano. Así o informou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, quen lembrou que esta iniciativa impúlsaa o Goberno do Estado para “fortalecer e para facer máis competitivo o tecido empresarial do país a través da transformación dixital”.
García Porto dixo tamén a día de hoxe a Deputación atendeu máis de 1.600 consultas. “É un volume de actividade moi bo en apenas medio ano, o que evidencia que este programa está sendo de gran interese para as pequenas e medianas empresas que traballan no noso territorio”, subliñou García Porto.
A iniciativa, explicou, “serve para que as pequenas e medianas empresas da provincia e os autónomos aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio”. Desta maneira, engadiu, “gañan en competitividade, en produtividade e en eficiencia, e tamén é moi útil para que abran novas oportunidades de negocio”.
E apuntou: “As experiencias que estamos tendo son moi positivas, sobre todo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, onde estamos focalizando máis os esforzos, ao ser onde detectamos que é máis necesario”. Amais, avanzou que o seguinte paso que dará a Deputación será, a partir de mediados de setembro, poñer a funcionar un servizo móbil que percorrerá todos os concellos para facer presentacións e chegar a máis empresas. “Faremos reunións para explicar polo miúdo o programa e chegar ao maior número de persoas posible. Iremos informando puntualmente para que a xente saiba en que localidade imos estar cada día”, indicou.
Sete axentes dixitais
A Deputación conta con 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas para establecer contacto con empresas, ofrecerlles axuda de maneira gratuíta e indicarlles como poden solicitar o Kit Dixital. Ademais, instaláronse oficinas para prestar asesoramento e acompañamento gratuíto nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. “Por exemplo”, sinalou a deputada, “axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios”.
A maiores de visitalas de xeito presencial, tamén manteñen comunicación con elas vía telefónica ou por correo electrónico, coa fin de resolver todas as dúbidas e inquedanzas que haxa.
O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?