Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza en Saniago a actividade formativa na Academia Maker e na Rede TIC 2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza en Saniago a actividade formativa na Academia Maker e na Rede TIC 2

S. P.
Publicado: 01/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

1693468320explicacion_tecnoloxia2_santiago_academia_maker.jpgA Academia Maker e a Rede TIC, impulsadas polo Concello de Santiago para favorecer o espallamento do espírito tecnolóxico e creativo entre a cidadanía, comezan esta tempada a súa actividade formativa. Durante os meses de setembro e outubro estes proxectos capacitarán á veciñanza, de xeito gratuíto, en innovación, fabricación dixital e dixitalización. Botan a andar en oito centros socioculturais da cidade a Academia Maker e a Rede TIC 2.
Para complementar esta actividade, o laboratorio de fabricación dixital móbil volve ás rúas de Compostela para explicar de primeira man os dous proxectos e pechar as inscricións. Será a semana que vén, do 4 ao 8 de setembro.
Deste xeito, o luns 4 de setembro o dito laboratorio estará xunto ao CSC do Romaño; o martes 5, no CSC de Conxo; o mércores 6, no CSC Maruxa e Coralia; o xoves 7, no CSC de Sta Marta; e pechará a súa ruta o venres 8 pola mañá no Campus Sur e pola tarde no CSC de Vite.
Polo que se refire ao arrinque da Academia Maker, celebrarase o próximo sábado 9 de setembro co primeiro Seminario Maker, neste caso sobre fabricación dixital, deseño e impresión 3D, que se celebrará de 12 a 14 h no CSC do Romaño. A entrada é totalmente gratuíta e o número de prazas, ata completar aforo. A partir de aquí e ata finais de outubro, cada semana haberá un seminario aberto sobre diferentes tecnoloxías e nun centro sociocultural diferente.
1693468280academia_centro_xove_santiago_academia_maker.jpgPoden consultarse todos no formulario de inscrición da web do proxecto: compostelamaker.gal.
A semana seguinte, do 11 ao 15 de setembro, comezarán as formacións da Rede TIC 2, cunha primeira sobre creación áxil de páxinas web no CSC Maruxa e Coralia. Estas formacións levaranse a cabo todas as semanas ata finais de outubro, de luns a venres e de 19 a 21 horas, enfocándose cada semana nunha temática e celebrándose cada unha nun centro sociocultural diferente. Coma no caso dos seminarios da Academia Maker, toda a información así coma as inscricións poderán realizarse a través da web do proxecto.
Xa a finais de mes, concretamente o 30 de setembro de 10 a 14h, comezará a formación intensiva da Academia Maker, que consistirá en 30 horas repartidas entre 5 sábados consecutivos e que se enfocará sobre todo a perfís emprendedores e persoas en busca de emprego.
Esta formación intensiva está limitada a 20 participantes, os/as cales seleccionaranse entre todas as inscricións recibidas. Traballase a través de metodoloxías de innovación e tecnoloxías de fabricación dixital no desenvolvemento de proxectos reais que achegue o alumnado.
Fontes do Concello explicaron que “toda este aprendizaxe levarase aos centros educativos da cidade a través de unidades didácticas e complementarase con visitas aos centros de investigación composteláns, ao patrimonio industrial e coa identificación de boas prácticas no ámbito empresarial tanto no uso das TIC coma na potenciación do talento STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática).
Este proxecto encádrase dentro do programa Colabora e Innova no teu Barrio no marco da operación Faino Tí, dentro da EDUSI Revive Santiago, financiada nun 80% polo Programa Operativo de Crecemento Sustentable FEDER 2014-2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?