Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ciberseguridade, a informática e os procesadores de texto, na oferta formativa da Coruña para persoas desempregadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ciberseguridade, a informática e os procesadores de texto, na oferta formativa da Coruña para persoas desempregadas

S. P.
Publicado: 04/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

centro-municipal-emprego-corulna.jpgO Concello da Coruña iniciou o mes de setembro con novo cursos de balde para persoas desempregadas: unha nova e diversa achega formativa que volve poñer o foco nas novas ferramentas tecnolóxicas. Durante as vindeiras semanas iniciaranse seis cursos de formación en diferentes materias que van dende a informática aos traballos en edificios ou locais e que suman un total de 89 prazas dispoñibles.
Segundo informaron fontes do Concello, a formación con máis dispoñibilidade é a de Ciberseguridade, que conta cun total de 30 prazas. Comezará o vindeiro 11 de setembro e ten como data prevista de finalización da parte presencial o vindeiro 14 de outubro, posteriormente terá unha parte en liña que rematará o 30 de novembro. Consta de 253 horas de formación en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 18.00 horas. A parte presencial impartirase no Centro Municipal de Emprego dos Rosales e conta cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.
A oferta do módulo en ciberseguridade forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey pola formación en novas tecnoloxías, sumándose á programación en Big Data que contou con catro edicións da formación, “dúas máis das previstas pola alta demanda de solicitudes”, engadiron dende o Concello.
O vindeiro 11 de setembro comeza tamén un curso en iniciación á informática, que conta cun total de 10 prazas e 30 horas de formación. Será impartido en horario de tarde, de 15.30 a 19.30 horas no Centro Municipal de Emprego dos Rosales e ten como data prevista de finalización é o 20 de setembro. Súmaselle a formación en procesador de textos, tamén con 10 prazas dispoñibles, que comezará o vindeiro 25 de setembro. Impartirase no mesmo horario no Centro Municipal e rematará o 20 de outubro, logo das 75 horas lectivas.
Aos cursos en informática súmanse dúas formacións en traballos manuais: traballos verticais, andamios e liñas de vida e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Ambas dispoñen de 12 prazas e impartiranse en horario de tarde de 15.30 a 19.30 horas e de 15.30 a 20.30 horas respectivamente. O curso de traballos verticais impartirase nos Rosales mentres que o de desinfección de edificios será no Centro Formativo Praxis.
A última das accións formativas é a relativa ao grao en educación secundaria de persoas adultas. Ten un total de 15 de prazas e 800 horas de formación. Impartirase en horario de mañá, de 9.20 a 13.00 horas no Centro de Ensino Aula Nosa e ten como data de finalización o 22 de xuño do vindeiro ano.
Para a inscrición en todos os cursos cómpre solicitar información á área de orientación laboral do Concello da Coruña, a través do formulario de contacto ou entrevista, na web www.coruna.gal/emprego ou no teléfono 981 184 399 do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?