Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez e Julián Cerviño presentan as novas e revolucionarias aulas AMI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez e Julián Cerviño presentan as novas e revolucionarias aulas AMI

S. P.
Publicado: 04/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aula_ami_amtega_20230904_visita_ceip_laxeiro2.jpgO conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), Julián Cerviño, visitaron este luns 4 de setembro o Colexio CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, onde presentaron o novo concepto de Aulas AMI (Aulas Móbiles de Informática), que, sinalaron, “supón un paso máis na potenciación de metodoloxías de aprendizaxe innovadoras para favorecer o desenvolvemento do alumnado e o labor do profesorado cun mellor aproveitamento”. Será, dixeron, “un modelo metodolóxico de aprendizaxe más colaborativo, creativo e competencial”.
Para materializalo contarase con dúas liñas de infraestruturas que son froito da colaboración entre o departamento de Educación e a AMTEGA. Por unha banda, as infraestruturas físicas, modernizadas de xeito progresivo a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun investimento de 243M€ en marcha que “está posibilitando a construción, ampliación e rehabilitación de centros escolares en base a novos parámetros onde se prioriza o enfoque educativo destes espazos”, explicaron.
aulas_ami_amtega_20230704_visita_ceip_laxeiro4.jpgA segunda destas liñas son as infraestruturas tecnolóxicas, onde se inxiren os Polos Creativos, xa estreados o pasado curso en 225 centros e que, segundo explicaron Rodríguez e Cerviño, “iranse estendendo ao longo deste ano académico ao 100% dos centros cunha achega de 27M€ para favorecer as capacidades STEM e artísticas dos estudantes”. Aos polos súmanse as novas Aulas AMI presentadas este luns 4 de setembro en Vigo. Trátase dun conxunto de ordenadores portátiles, con carro de carga incorporado, que pode desprazarse a calquera aula do centro para convertela nunha aula dixitalizada, informaron.
aula_ami_amtega_20230704_visita_ceip_laxeiro5.jpg “Agora xa non é o alumno quen vai a esa aula con ordenadores, senón que estes están á súa disposición, coa finalidade pedagóxica que estableza a docencia concreta”, explicou o conselleiro de Cultura e Educación, engadindo que cada Aula Móbil “terá suficientes portátiles como para que o grupo máis numeroso do centro dispoña dun por alumno en caso de ser necesario”. O investimento total é de 7,5M€. O seu despregue en centros de Primaria, como o visitado en Vigo, xa comezou e estenderase ao longo de 2024. Ao remate, terá distribuídos 13.000 equipos en 649 centros.
Por último, dentro deste proceso de modernización e dotación de ferramentas didácticas ao servizo do ensino, o 100% das aulas de Galicia van contar con paneis interactivos. Serán, en total, 14.026 cun investimento de preto de 50M€. Instalaranse nas aulas de referencia de cada grupo: as que comparten para o groso das materias. Este paneis chegarán, ademais, a 500 centros de ensinanzas como os conservatorios ou as escolas de idiomas.
Ceviño destacou que a nosa Comunidade “é hoxe unha sociedade dixitalmente madura, cunha educación plenamente dixitalizada, polo que os desafíos para o futuro implican camiñar na vangarda na aplicación das tecnoloxías que se atopan fase de desenvolvemento”.
En conxunto, os Polos Creativos, as Aulas Móbiles de Informática e a dotación de paneis interactivos supoñen un investimento total de 84 millóns que buscan “desenvolvementos didácticos e das aplicacións educativas ao servizo de alumnos e de profesores”, sinalou o conselleiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?