Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno inviste 21,4 millóns na provincia da Coruña para estender a banda larga a case 55.000 fogares e empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno inviste 21,4 millóns na provincia da Coruña para estender a banda larga a case 55.000 fogares e empresas

S. P.
Publicado: 05/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_muxia_banda_larga_plan_unico.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 5 de setembro a localidade coruñesa de Muxía, co obxectivo de analizar os traballos despregados no concello para dotar ás familias e empresas de Internet de alta velocidade e, tamén, para facer balance do acadado a través dos plans de cobertura de banda larga levados a cabo polo Goberno central na xeografía galega. Rivas puxo en valor os 4.635 millóns de euros achegados para tal fin polo Executivo no ámbito da provincia da Coruña e lembrou que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de lanzar a terceira convocatoria do programa ÚNICO Banda Larga que levará a fibra óptica a 2.206 familias e empresas de zonas remotas e illadas da provincia da Coruña.
“Entre as tres convocatorias deste plan”, explicou, “o Goberno de Pedro Sánchez inviste 21,4 millóns na provincia da Coruña, estendendo a fibra a 54.685 fogares, para acabar coa fenda dixital e garantir o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade a todos os coruñeses e coruñesas”.
En Muxía María Rivas mantivo unha xuntanza co alcalde Iago Toba, na que abordaron precisamente o alcance que está a ter o plan ÚNICO no concello da Costa da Morte, a través do cal achegarase conexión ultrarrápida a 407 fogares e pequenas e medianas empresas localizados en 97 puntos do concello onde a día de hoxe non dispoñen desta tecnoloxía.
A subdelegada dixo que a nova edición do programa dá continuidade ás convocatorias postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a “universalizar a cobertura de banda larga ultrarrápida vía fibra como ferramenta de cohesión social no marco do Plan de Recuperación do Goberno”.
No caso da Coruña, do mesmo xeito que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en zonas “brancas”, ou sexa, aquelas que non contan cunha cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos. “Con este plan, tanto Muxía como os outros 92 concellos da provincia, obteñen unha conectividade de 100 Mbps na práctica totalidade do territorio e así fan fronte ao reto demográfico”, comentou Rivas.
A terceira convocatoria do programa ÚNICO-Banda Larga permanece aberta ata o 15 de setembro. Ata esa data, as empresas de telecomunicacións poderán presentar as súas propostas. O Goberno subvenciona o 80% do custo dos proxectos que son un exemplo de colaboración público-privada, xa que as empresas achegan o que resta ata a totalidade do custo destas actuacións. Os proxectos deberán estar finalizados antes de 31 de decembro de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?