Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case 200 fogares e negocios de Rianxo poden acceder á banda larga grazas ao plan ÚNICO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case 200 fogares e negocios de Rianxo poden acceder á banda larga grazas ao plan ÚNICO

S. P.
Publicado: 06/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maria_rivas_e_julian_bustelo_en_rianxo.jpgA subdelegada do Goberno, María Rivas, trasladouse este mércores 6 de setembro ata o concello de Rianxo para coordinar, xunto ao alcalde Julián Bustelo, o dispositivo de seguridade das Festas de Guadalupe que se celebrarán dende este venres 8 ata o 15 de setembro. Rivas aproveitou a súa estadía en Rianxo para facer balance dos froitos acadados no concello grazas aos investimentos do Executivo central, a través do Plan de Recuperación. Entre estes investimentos destacou o Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) que, dotado con 978.710 euros, permitirá recuperar o histórico Pazo de Martelo que acolle na actualidade a Biblioteca Municipal. Tamén lembrou que grazas ao Plan ÚNICO levouse banda larga a case 200 fogares e negocios de Rianxo que non viñan contando con esta tecnoloxía.
Eficiencia enerxética e banda larga
María Rivas lembrou tamén as axudas para eficiencia enerxética, 798.716 euros que permitiron a substitución da práctica totalidade da luminaria do concello co consecuente aforro nos fondos das arcas municipais.
No que se refire á banda larga, dixo que se trata dunha actuación que contou cun investimento de 36.848 euros dentro do Programa ÚNICO do Ministerio de Asuntos Económicos, e que grazas a este plan dotouse de Internet de alta velocidade a 194 domicilios e negocios do termo municipal.
Ademais, María Rivas fixo fincapé no investimento de 48.813, 63 euros realizada polo Goberno en materia do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero que ten como obxectivo impulsar medidas para identificar e erradicar os comportamentos sexistas na sociedade.
34,4 millóns no Barbanza
A subdelegada do Goberno tamén aproveitou a súa visita a Rianxo para destacar os investimentos do Goberno na comarca de Barbanza, que xa superan os 34,4 millóns de euros.
María Rivas subliñou que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, destinou 6,4 millóns de euros á comarca co obxectivo de avanzar cara “a un turismo máis sustentable e moderno e impulsar a dixitalización do sector”. María Rivas lembrou que a Mancomunidade de Municipios do Barbanza, da que forma parte o concello de Rianxo xunto cos de Boiro, A Pobra e Ribeira, obtivo 976.800 euros dentro da iniciativa Traslatio Experiencial. Ruta Mar de Arousa río Ulla, destinada a dixitalizar e modernizar as entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes do Camiño de Santiago para mellorar a atención e experiencia do peregrino na súa travesía.
Rivas tamén destacou os 1,5 millóns de euros concedidos á Mancomunidade para o desenvolvemento do seu Plan de Sustentabilidade Turística, que pretende reforzar a oferta de turismo activo a través da oferta enogastronómica da comarca.
A subdelegada tamén quixo destacar os investimentos realizados no concello de Ribeira, que ascenden a un total de 4,1 millóns de euros, para mellorar a seguridade e a calidade de vida do municipio. Este investimento divídese en 3,1 millóns de euros do Ministerio de Interior, que foron destinados á construción dunha nova comisaría de Policía para fortalecer e garantir os servizos de seguridade, e 1 millón de euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para actuacións de mobilidade sustentable que favorezan á calidade de vida do municipio.
Ademais, no transcurso deste mércores a subdelegada do Goberno presidiu, xunto ao alcalde Julián Bustelo, a xunta de seguridade local para coordinar coas forzas e corpos de seguridade o dispositivo que se despregará durante a celebración das Festas de Guadalupe do 8 ao 15 de setembro. Prestarase apoio de patrullas da Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e Salvamento Marítimo.
Lembrou tamén que os festexos virán acompañados dun punto violeta no que se recibirá información contra calquera tipo de violencia machista e ao que se poderá acudir para solicitar axuda no caso de que fose necesario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?