Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destaca o efecto tractor de CONGALSA e o seu papel transformador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destaca o efecto tractor de CONGALSA e o seu papel transformador

S. P.
Publicado: 07/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20230906-visita-conselleiro-congalsa-2-768x512.jpgO conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este mércores 6 de setembro as instalacións na Pobra do Caramiñal de CONGALSA e coñeceu en detalle o seu proxecto tecnolóxico-transformador CONGALS4.0 para avanzar na consecución da fábrica intelixente. O titular de Mar salientou que esta empresa é “un gran exemplo da aposta constante da industria de transformación de produtos do mar de Galicia pola innovación e por gañar en competitividade”, o que a converte “nun referente europeo e mundial e produce un efecto tractor nas empresas da súa contorna”.
Apoio ao sector
O representante da Xunta asegurou que o sector vai seguir contando co apoio do Executivo galego para “poder medrar a través de liñas de axudas como as destinadas desde 2016 ás pequenas e medianas empresas de transformación de produtos do mar”. Estas achegas, dixo, “superaron os 100 millóns de euros, permitiron desenvolver preto de 400 proxectos de mellora das instalacións das empresas e supuxeron un investimento global de máis de 200 millóns de euros”.
Alfonso Villares incidiu en que a Administración debe “estar do lado do sector no día a día”, como “mostran estes apoios, pero tamén en situacións extraordinarias de dificultades como a alerta sanitaria pola COVID-19 ou a guerra en Ucraína”. Nesta liña, lembrou que, “ao igual que no caso do coronavirus, a Xunta convocou recentemente axudas destinadas aos sectores da transformación e da comercializacións dos produtos do mar para compensar os maiores custos de produción das empresas polo conflito bélico”. Eses apoios, cun orzamento de 7,5 millóns de euros e dos que o prazo de solicitude aínda está aberto, p”retenden compensar o gasto adicional no que incorreron entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2022 polo encarecemento da enerxía, dos envases e embalaxes e de produtos necesarios para a fabricación como a fariña, o pan relado ou os aceites”.
CONGALS4.0
20230906-visita-conselleiro-congalsa-768x512.jpg O conselleiro incidiu en que o proxecto CONGALS4.0 coloca a CONGALSA nunha situación de privilexio, facéndoa “máis flexible, competitiva e eficiente, cuestións clave para medrar nun mercado cada vez máis global”.
Alfonso Villares, que estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, animou aos responsables da empresa a seguir con esta liña de traballo.
De feito, coincidiu co director xeral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, en que se trata dunha compañía que aposta constantemente pola innovación e a mellora continua, tanto nos procedementos e procesos do traballo como á hora de lanzar ao mercado novos produtos e diversificar as liñas de negocio.
O titular de Mar salientou ademais o compromiso trasladado por CONGALSA de darlle valor e comercializar o produto local e de proximidade nas plantas do grupo, o que vai en beneficio da contorna de fábricas como a que visitou este 6 de setembro, que é un motor económico da Pobra do Caramiñal, da comarca do Barbanza e do conxunto de Galicia.
O proxecto CONGALS4.0, posto en marcha por CONGALSA co apoio do centro tecnolóxico Gradiant, contou cun orzamento de preto de 5 millóns de euros e unha axuda pública de máis de 2 millóns de euros para impulsar a transformación industrial da fábrica. As melloras introducidas permiten optimizar o proceso produtivo, a entrega a clientes, reducir custos e adaptarse máis rapidamente ao mercado mellorando a súa eficiencia.
CONGALS4.0, proxecto co-financiado con fondos FEDER que contou co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apoiouse firme nas tecnoloxías máis avanzadas, pero tamén no compoñente humano, tal e como explicou a dirección da compañía na presentación de resultados da iniciativa intelixente. O seu obxectivo principal foi o de desenvolver un modelo de negocio 4.0. para CONGALSA, interconectando procesos produtivos e de xestión. Para logralo, sensorizouse gran parte da planta e desenvolvéronse sistemas para facer monitoraxe en tempo real de diferentes datos de procesos da compañía, integrando esta información con outros procedentes de provedores e clientes. Con isto buscouse dixitalizar a cadea de valor da empresa e automatizar diferentes rutinas de traballo: desde a xestión de mantemento, ata a planificación das fabricacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?