Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense redobrou investimentos, formación e iniciativas en materia de ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense redobrou investimentos, formación e iniciativas en materia de ciberseguridade

S. P.
Publicado: 07/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fachada_dpou.jpgA Deputación de Ourense achegou este xoves 7 de setembro detalles sobre a súa estratexia para salvagardar as súas información, infraestruturas e comunicacións de todo tipo de ataques, ameazas, riscos ou vulnerabilidades. Fíxoo nunha reunión celebrada con representantes do Concello de Contas de Galicia, onde a vicepresidenta da entidade provincial, María Nóvoa, reiterou “a total colaboración da institución ourensá co Consello para a mellora da ciberseguridade na Deputación”. Na xuntanza, os membros do Consello deron a coñecer os resultados do informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade na Deputación, correspondente ao exercicio 2022.
A vicepresidenta, que estivo acompañada polo director da área de Transparencia, Fernando Suárez, e técnicos da institución, cualificou de “intenso” o traballo que vén de facer a Deputación na protección dos seus sistemas informáticos, con máis investimentos, formación e iniciativas de concienciación cara a loita contra as intrusións na rede corporativa.
Neste sentido, dixo, a auditoría reflicte unha boa valoración no capítulo das copias de seguridade, “ferramenta fundamental para crear barreiras contra os ataques dos piratas informáticos”. O mesmo informe, lembrou, “valora positivamente a fortaleza do centro de proceso de datos, que acolle toda a infraestrutura que dá soporte tecnolóxico á institución, así como os sistemas de control de acceso”.
Os resultados desta auditoría, engadiu Nóvoa, “non son estáticos, senón dinámicos no tempo e non dubido que o labor que se realiza ficará reflectido na valoración que se realice en próximas análises”. Referíase a vicepresidenta á implantación de novas ferramentas que complementan os antivirus, cunha análise continua da rede e os equipos informáticos para detectar, identificar e previr ameazas avanzadas, ademais de novos sistemas en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional.
Marta Nóvoa salientou tamén a cooperación cos concellos en todos estes ámbitos, “sendo seleccionado para financiar con fondos Next Generation un proxecto que permitirá estender aos concellos o servizo de copias intelixentes de seguridade”.
A auditoría do Consello de Contas de Contas en ciberseguridade forma parte dun plan desta institución que, antes de que remate o presente exercicio, tamén se aplicará no resto das deputacións galegas, sendo Ourense a primeira delas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?