Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vintena de mulleres de Silleda participa ata outubro nos obradoiros de Galegas Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vintena de mulleres de Silleda participa ata outubro nos obradoiros de Galegas Dixitais

S. P.
Publicado: 08/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galegas_dixitais_silleda.jpgDende esta semana e ata o 13 de outubro, 21 mulleres do concello de Silleda están a asistir ás actividades do programa de formación Galegas Dixitais. Nesta 2ª edición que se fai en Silleda, o curso impártese na Casa da Xuventude de 9 a 14 horas. A través del poderán aprender competencias dixitais básicas, avanzadas e para o emprendemento.
Trátase dunha serie de obradoiros cos que introducir ás participantes en competencias dixitais básicas e avanzadas con vistas á posta en marcha de iniciativas de proxectos de mercado. Nesta recta final as actividades leváronse a cabo en Ponteareas, en Vigo e Pontevedra e máis en Silleda (a partir do 4 de setembro e ata o 13 de outubro, na Casa da Xuventude).
Os obradoiros veñen da man de Beproject e ARA Formación. Galegas Dixitais é un programa financiado por fondos Next Generation da UE e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A iniciativa inclúe cursos gratuítos dirixido a mulleres de tres módulos con 40 horas cada un. As asistentes recibirán un portátil de regalo e o título oficial acreditativo. Abordaranse cuestións como as competencias dixitais básicas e avanzadas para a actividade empresarial e profesional.
Para máis información cómpre visitar a web www.galegasdixitais.es ou chamar aos números 604 03 95 75 e 886 20 37 63.
As mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os seguintes resultados:
-Aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu traballo ou negocio.
-Mellorar a súa capacidade de empregabilidade.
-Levar un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar neste programa é totalmente de balde xa que, como dixemos, o programa está promovido pola Xunta de Galicia e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?