Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A axuda do Kit Dixital, dispoñible para comunidades de bens, explotacións agrarias e sociedades civís
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A axuda do Kit Dixital, dispoñible para comunidades de bens, explotacións agrarias e sociedades civís

S. P.
Publicado: 11/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

kit_dixital_digital_bono.jpgAs comunidades de bens, explotacións agrarias de titularidade compartida e sociedades civís con actividade mercantil e profesionais poderán solicitar a axuda de Kit Dixital a partir deste martes 12 de setembro. Trátase dun bono dixital habilitado pola entidade estatal Red.es e dispoñible (a partir das 11 horas deste martes a través da sede electrónica da dita entidade) para entidades que teñan menos de 50 empregados.
Coma nas anteriores convocatorias, a axuda diferenciarase atendendo a ese dato: segmento I (entidades entre 10 e menos de 50 empregados), segmento II (entidades entre 3 e menos de 10 empregados) e segmento III (entidades entre 0 e menos de 3 empregados).
Na nova convocatoria que se publicou o pasado 22 de xullo no BOE (PDF) detállanse os requisitos para solicitar as axudas, as obrigas que contraen os beneficiarios, os importes máximos de axuda por cada categoría de solucións de dixitalización, a xustificación, o pago e control da implantación das solucións, entre outras materias importantes.
Esta convocatoria conta cun orzamento inicial de 100 millóns de euros ampliables e ten por finalidade “a mellora da competitividade e do nivel de madurez dixital das entidades anteriormente mencionadas”.
O prazo para presentar as solicitudes manterase aberto ata o 31 de decembro de 2024.
O bono dixital poderá ser de 12.000€, 6.000€ ou 2.000€ en función do tamaño da entidade solicitante, que poderá consultar tamén na web de Acelera Peme o catálogo de axentes dixitalizadores. A entidade beneficiaria deberá seleccionar un ou varios axentes dixitalizadores cos que desenvolver as solucións de transformación tecnolóxica que mellor se adapten ás necesidades do seu negocio e subscribir os acordos de prestación de solucións de dixitalización. Actualmente o catálogo está formado por máis de 10.700 axentes.
Como novidade nesta convocatoria, as entidades ás que se dirixe terán que cumprimentar un formulario único independentemente do segmento (I, II ou III) ao que pertenzan. Será Red.es quen realice, tras recibir a solicitude, as verificacións necesarias para comprobar en que segmento sitúase cada entidade solicitante.
Ata a data, o programa Kit Dixital concedeu preto de 280.000 axudas o que supón que ao redor de 1.300 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation EU chegaron ás pemes españolas para implantar solucións básicas de dixitalización.
Converteuse, en palabras de Red.es, no “programa de axudas á dixitalización de pemes máis demandado da historia de España”.
Baixo o lema Cero papeis Red.es deseñou un sistema de tramitación “moi innovador”, usando ferramentas de robotización e Intelixencia Artificial automatizado que “reduce a carga burocrática, diminúe o número de documentos a presentar e acurta os prazos de concesión”, explican dende a entidade estatal, engadindo que cada empresa poderá solicitar a axuda sen achegar documentación algunha. “Será suficiente con que o empresario autorice a Red.es a consultar de oficio os requisitos e obrigas requiridas para obter a condición de beneficiario, salvagardando a transparencia e seguridade xurídica”, sinala Red.es, destacando que outra das innovacións do programa é a figura do “representante voluntario” que permite que calquera terceiro, sexa persoa física ou xurídica, debidamente autorizada, poida pedir a subvención por conta da empresa eliminado trámites á peme.
Kit Dixital é un programa de axudas do Gobierno de España, xestionado por Red.es, que ten como obxectivo “promover a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e autónomos, así como doutras entidades como comunidades de bens, explotacións agrarias de titularidade compartida e sociedades civís profesionais e con obxecto mercantil, para contribuír a modernizar o tecido produtivo español”.
O programa está dotado cun orzamento total de 3.067 millóns de euros, financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?