Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO dotou de banda larga 124 fogares e negocios da Pobra do Caramiñal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO dotou de banda larga 124 fogares e negocios da Pobra do Caramiñal

S. P.
Publicado: 11/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maria_rivas_pobra_caraminal.jpgA subdelegada do Goberno, María Rivas, trasladouse o pasado 8 de setembro ata o concello da Pobra do Caramiñal para coordinar xunto ao alcalde, José Carlos Vidal, o dispositivo de seguridade das Festas de Nazareno, que se celebran ata o 18 de setembro. A subdelegada aproveitou a súa visita para pór en valor os investimentos que, grazas ao Plan de Recuperación, o Goberno levou a cabo nos últimos anos no municipio.
Entre eles destacou o proxecto de recuperación do bordo litoral da Ribeiriña (actualmente en execución e que conta cun investimento de 800.000 euros, actuación que fixo posible xa a recuperación dos terreos de dominio público marítimo terrestre, cedidos no seu día á empresa da Onza de Oro e HADASA e que comprenden 5.500 metros cadrados) ou as actuacións de posta en valor abeiradas ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), que, dotado con 1.355.911 euros,permitirá realizar as obras de rehabilitación do centro de ensino IES da Pobra do Caramiñal.
María Rivas lembrou tamén as axudas para eficiencia enerxética, 554.027 euros que permitiron a substitución da práctica totalidade da luminaria do concello co consecuente aforro nos fondos das arcas municipais.
A subdelegada do Goberno tamén quixo valorar o esforzo do Goberno por levar a banda larga aos 124 fogares e negocios da Pobra que unha actuación que contou cun investimento de 31.111,78 euros dentro do Programa UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos.
Ademais, María Rivas fixo fincapé no investimento de 25.439,40 euros realizada polo Goberno en materia do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que ten como obxectivo consolidar e avanzar na erradicación da violencia de xénero.
A subdelegada do Goberno tamén aproveitou a súa visita á Pobra para destacar os investimentos do Goberno no Barbanza, que xa superan os 34,4 millóns de euros. Rivas subliñou que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, destinou 6,4 millóns de euros á comarca co obxectivo de avanzar cara a un turismo máis sustentable e moderno e impulsar a dixitalización do sector. Así, lembrou que a Mancomunidade de Municipios do Barbanza, da que forma parte o Concello da Pobra xunto cos de Boiro, Rianxo e Ribeira, obtivo 976.800 euros dentro da iniciativa Traslatio Experiencial. Ruta Mar de Arousa río Ulla, destinada a dixitalizar e modernizar as entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes do Camiño de Santiago para “mellorar a atención e experiencia do peregrino na súa travesía”.
A subdelegada tamén lembrou que actualmente se están a executar as obras para mellorar a accesibilidade ao edificio do INSS coa instalación dun ascensor novo e que tamén alberga a Biblioteca Municipal. O investimento supera os 41.000 euros e está financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Nesta mesma liña, María Rivas destacou os 1,5 millóns de euros concedidos á Mancomunidade para o desenvolvemento do seu Plan de Sustentabilidade Turística, que pretende “reforzar a oferta de turismo activo a través da oferta enogastronómica da comarca”. Neste caso, recordou, o plan contempla o desenvolvemento dunha experiencia inmersiva a través de Realidade Aumentada para mostrar a transformación de industria de salgadura á conserveira no Barrio dos Cataláns.
A subdelegada tamén quixo destacar os investimentos realizados no Concello de Ribeira, que ascenden a un total de 4,1 millóns de euros, para mellorar a seguridade e a calidade de vida do municipio. Este investimento divídese en 3,1 millóns de euros do Ministerio de Interior, que foron destinados á construción dunha nova comisaría de Policía para fortalecer e garantir os servizos de seguridade, e 1 millón de euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para actuacións de mobilidade sustentable que favorezan á calidade de vida do municipio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?