Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entre na recta final o prazo para presentar propostas aos Premios GirlGeekPower
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entre na recta final o prazo para presentar propostas aos Premios GirlGeekPower

S. P.
Publicado: 11/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

girlgeekpower.jpgO prazo de presentación de candidaturas aos Premios GirlGeekPower, unha das iniciativas enmarcadas na Cátedra de Feminismos 4.0 que impulsan a Deputación de Pontevedra e a UVigo, afronta os seus últimos días de apertura. Estes galardóns repartirán 6.000 euros co obxectivo de estimular, apoiar e promover os estudos STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) entre as alumnas da Universidade de Vigo dos campus da provincia de Pontevedra. As candidaturas están abertas ata o próximo mércores 29 de setembro.
Os galardóns teñen dúas modalidades, unha para estudantes das ramas de Ciencias e Ciencias da Saúde e outra para as de Enxeñaría e Arquitectura, as dúas cun premio de 2.000 euros e un accésit de 1.000 euros. As candidatas deben estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2023-24 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial nos campus de Pontevedra ou Vigo, ter superado un mínimo de 60 créditos e unha nota media igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, ou 8 nas titulacións de Ciencias e Ciencias da Saúde.
Coa solicitude, que se realiza cumprimentado un formulario en liña, deberá incluírse unha carta de motivación detallando as razóns que as levaron a estudar no ámbito das STEM e unha reflexión persoal sobre a súa experiencia como mulleres nun eido tradicionalmente masculinizado. No caso de que a solicitante realizase estudos nunha universidade distinta á de Vigo, é necesario presentar a certificación académica dos estudos cursados.
A Cátedra de Feminismos 4.0 que impulsan a Deputación e a Universidade de Vigo cumpre cinco anos co obxectivo de incrementar a presenza de mulleres nas áreas STEM e evitar que se reproduza a desigualdade de xénero no ámbito dixital. A través desta iniciativa, ambas entidades buscan “acadar a promoción da igualdade e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información”, sinalan dende as dúas entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?