O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) inaugura este martes 12 de setembro unha nova edición do Curso Superior de Administración Electrónica 2023, organizado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O acto inaugural será ás 11:00 horas no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela.

Esta actividade ten como finalidade afondar, desde unha perspectiva técnico- xurídica e cunha importante parte práctica, “na concepción da Administración Electrónica, incidindo na relevancia que ten a súa implantación nas distintas administracións galegas”, explican dende a organización da actividade formativa.

Este curso superior desenvolverase do 12 de setembro ao 24 de outubro. Cun total de 114 horas lectivas, impartirase na modalidade semipresencial, con 30 horas de prácticas presenciais en Santiago de Compostela os días 12, 19 e 26 de setembro e o 3 e 10 de outubro na EGAP, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84 horas de teleformación.
O CPEIG inaugura este martes 12 o curso superior de Administración Electrónica na EGAP
Compartir Este Artigo

