Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volven os podcasts de Aquí faltan páxinas cunha charla sobre Ángeles Alvariño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volven os podcasts de Aquí faltan páxinas cunha charla sobre Ángeles Alvariño

S. P.
Publicado: 11/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aqui_faltan_paxinas.jpgVolven as charlas-podcast do programa de divulgación Aquí faltan páxinas, co que a Deputación de Pontevedra reivindica as importantes contribucións científicas, culturais e innovadoras das nosas mulleres. As actividades regresan este mércores 13 cunha xornada sobre a traxectoria da científica Ángeles Alvariño. Será impartida pola filla da oceanógrafa e pioneira da investigación mariña, Ángeles Leira, a partir das 19:00 horas. Ese día tamén estará dispoñibles un podcast e un roteiro.
Relatos sonoros
A oceanógrafa e pioneira na investigación mariña Ángeles Alvariño protagoniza neste mes de setembro o programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas. Este ciclo de relatos sonoros e conferencias nace da colaboración da institución provincial coa firma O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias moi relacionadas coa provincia. Este mércores 13 de setembro a sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo acollerá a partir das 19:00 horas un faladoiro sobre a traxectoria da científica que impartirá a súa filla, Ángeles Leira.
Ángeles Alvariño
Segundo explican dende O Cable Inglés e a Deputación de Pontevedra, Ángeles Alvariño adoita ser recordada como a primeira muller investigadora que se embarcou nun buque oceanográfico, pero a súa traxectoria foi máis alá e está recoñecida como unha das maiores especialistas do mundo no seu campo e no seu tempo. Así, descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de indicador do estado de saúde dos mares e caladoiros de pesca. Aínda que na España do pasado século as mulleres científicas eran case unha anomalía, a ferrolá logrou facerse un oco e destacar nese eido de coñecemento.
O faladoiro estará a cargo da súa filla, a arquitecta e urbanista Ángeles Leira. Ela foi a segunda muller en matricularse na Escola de Enxeñería de San Diego State College e titulouse máis tarde en Arquitectura en Berkeley. Desempeñou a súa traxectoria na cidade de San Diego, onde traballou na planificación de comunidades e chegou a ser vicepresidenta do Colexio de Urbanistas e supervisora dos planos reguladores das 27 comunidades de San Diego.
Ademais da conferencia, a historia de Ángeles Alvariño estará tamén dispoñible a partir deste mércores no podcast de Aquí faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial) e nun roteiro virtual que inclúe os lugares da provincia claves na biografía da protagonista. Entre eles, o Instituto Oceanográfico de Vigo (no que traballou), así como o porto e a ría de Vigo ou os Asteleiros Armón.
O proxecto Aquí faltan páxinas inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por cada mes de 2023, para pór en valor os logros de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?