Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo (1º e 2º de realización e produción)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo (1º e 2º de realización e produción)

S. P.
Publicado: 11/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_110923_inauguracon_curso_centro_formacion_audiovisual.jpgO equipo directivo e docente do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo deu este luns 11 de setembro a benvida ao alumnado de 1º e 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción neste curso 2023-2024. O alumnado de 1º, ademais de coñecer as instalacións da escola, recibiu información sobre a planificación do curso, horario e outros aspectos organizativos de interese. En canto aos estudantes de 2º, participaron nunha xornada de asesoramento e coordinación do módulo de Proxectos.
A escola de imaxe e son da Deputación inicia este novo curso coa totalidade de prazas cubertas en Realización, cun total de 20 novos mozos e mozas matriculados nesta especialidade. No caso de Produción, con vacantes aínda dispoñibles, manterase aberto o prazo de matrícula ata o mes de outubro. As persoas que estean interesadas poden acceder a toda a información sobre este ciclo na web da institución provincial, ou ben chamando ao número de teléfono do centro: 982.284.667.
Primeira práctica: Día do Cinema Español
O Centro de Formación Audiovisual organiza para o 6 de outubro a primeira práctica do curso nun escenario real con motivo do Día do Cinema Español. A Deputación, a través do Servizo de Audiovisuais, súmase a esta celebración promovida polo Ministerio de Cultura que ten por obxectivo “recoñecer o papel dos cineastas e a súa influencia e importancia na vida cultural e social do país, así como o valor patrimonial do cine feito en España”.
O alumnado do CPA participará na organización do evento, que se celebrará no pazo de San Marcos. Veranse tres películas que a Filmoteca Española pon a libre disposición para súa proxección en espazos que non sexan propiamente cines comerciais: Embrujo (1948), de Carlos Serrano de Osma, coa copia restaurada para esta edición con motivo do centenario do nacemento da súa protagonista, Lola Flores; Las niñas (2020), de Pilar Palomero, Goya á mellor película; e Valentina (2021) da ferrolá Chelo Loureiro, Premio Goya á mellor película de animación. Ademais, proxectaranse varios audiovisuais elaborados polos estudantes do CPA.
Algúns exemplos de prácticas en escenarios reais no pasado curso son dous audiovisuais do alumnado recoñecidos fóra da provincia, como a curta Amor Viaxeiro, premiado por Netflix e Turespaña no concurso Cómo dirías que es España sin decirlo, que se proxectou con éxito na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid e o documental No se oye, que recibiu o premio á Mellor Curtametraxe Documental na categoría de Escolas de Imaxe e Son no pasado Festival Internacional de Cine de Ponferrada. Ademais, os estudantes encargáronse, entre outros traballos, da emisión en directo na Rede, a través de streaming, do Concurso Internacional de Baristas de Foz, onde, segundo fixo saber a Deputación, “puxeron a proba con éxito o traballo en equipo e o manexo do equipamento técnico e das novas tecnoloxías imprescindibles no mercado laboral no mundo audiovisual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?