Para os creadores de contido que queiran amosar nos seus directos, nas súas charlas ou nas súas presentacións algún contido non dixital de xeito cómodo están a preparar a Logitech Reach, unha solución que aposta por unha cámara web articulada e versátil, que basicamente consiste nunha cámara Logitech Streamcam Full HD conectada a un brazo con soporte.
A Logitech Reach permite o movemento lateral da cámara con un simple xesto; pode mover a imaxe verticalmente grazas a un zoom ata 4.3x sen perdas con enfoque automático; a cámara tamén pode inclinarse para achegar o punto de vista que desexemos; e todo funcionando directamente a través dunha conexión USB que simplemente funciona con practicamente calquera solución de videoconferencia e transmisión de vídeo.
Esta solución que pode resultar moi axeitada para creadores de contido, xogadores, docentes e profesionais chegará en breve ao mercado, prevéndose que teña un prezo de entre 300 e 400 dólares (cómpre indicar que a Streamcam solta xa custa 180 dólares).
Vídeo no que presentan as posibilidades da Logitech Reach

