Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos concellos xa poden inscribirse no programa de nómades dixitais INECO RuralTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os nosos concellos xa poden inscribirse no programa de nómades dixitais INECO RuralTIC

S. P.
Publicado: 13/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ruratic_ineco.jpgINECO RuralTIC regresa aos pequenos municipios de España. A enxeñería e consultoría do Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, INECO, abriu o prazo para que concellos de menos de 10.000 habitantes poidan inscribirse neste programa que comezará a súa segunda edición en novembro. Un dos obxectivos é permitir que “todas as persoas residentes do mundo rural estean en disposición de teletraballar”. Tamén se busca impulsar a dixitalización social e económica das contornas non urbanas do ámbito estatal.
Para este cometidos, INECO distribuirá os seus “nómades dixitais” nos municipios seleccionados, onde desenvolverán tarefas de dixitalización social e económica enfocadas aos habitantes e pemes locais, á vez que seguirán a desenvolver o seu traballo diario en remoto. “Así, ademais de demostrar que o teletraballo pode converterse nunha poderosa ferramenta de dinamización do mundo rural, os nómades dixitais póñense ao dispor do municipio para contribuír a mellorar as necesidades relacionadas coa tecnoloxía”, sinalan dende INECO.
Dixitalización social e económica
INECO RuralTIC baséase na dixitalización como “panca de transformación social e económica”. Para este reto, a compañía tirará proveito da súa longa experiencia no sector grazas a un equipo dedicado a este ámbito de máis de 800 profesionais e a unha ampla actividade de negocio.
O primeiro eixo desta iniciativa consiste na dixitalización social, con formación e apoio no uso das novas tecnoloxías aos habitantes do medio rural, con especial foco na poboación maior. Así, os nómades dixitais de INECO poñen a servizo dos habitantes distintos obradoiros presenciais, como por exemplo o manexo de servizos online para a realización de trámites administrativos: xestión de citas médicas, banca electrónica… así como formación para coñecer aspectos sobre a seguridade na Internet ou a pegada dixital. Ademais, hai xanelas de atención personalizadas en función ás necesidades específicas dos participantes
O segundo eixo, a dixitalización económica, achegará apoio e asesoramento ao tecido empresarial rural, a través do posicionamento dixital, con apoio á creación de servizos en liña. A atención céntrase “nunha aplicación práctica de ferramentas que poden optimizar a actividade de pequenas e medianas empresas, como pode ser a apertura dunha páxina web ou o uso de perfís en redes sociais para o posicionamento no mundo dixital”.
INECO RuralTIC 2.0 é a nova edición deste programa que durante o pasado ano, ao longo de sete meses, conseguiu chegar a 39 municipios grazas a 80 nómades dixitais que de forma graduada percorreron preto de 60.000 quilómetros. Un labor que despregou polo territorio nacional case 350 talleres de dixitalización para chegar a máis de 2.300 persoas, así como a 252 pemes.
O programa está dirixido a todos os municipios de menos de 10.000 habitantes que cumpran uns requisitos de partida: aloxamento para hospedar aos nómades dixitais e espazos para a realización de obradoiros, ambos con conexión 4G.
Os municipios poden inscribirse aquí ata o 30 de setembro para poder avaliar a súa candidatura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?