Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo renova e amplía a súa rede Wi-Fi nas instalacións municipais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo renova e amplía a súa rede Wi-Fi nas instalacións municipais

S. P.
Publicado: 13/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_120923_laramendez_accesopublico_wifi.jpgDende Lugo o Goberno de Lara Méndez vén de anunciar a ampliación e renovación da rede Wi-Fi das instalacións municipais, co obxectivo de facilitar o acceso gratuíto a internet a toda a veciñanza. Así, son xa 80 puntos de conexión os que conta a cidade luguesa en dependencias públicas cun elevado volume de usuarios como os centros de convivencia; a biblioteca municipal; ou diferentes instalacións deportivas, entre outras.
“O obxectivo desta iniciativa é consolidar unha ampla rede ao longo de toda a cidade para que en cada barrio existan puntos de acceso gratuíto a internet. Esta estrutura municipal elaborada ao longo dos últimos anos permítenos combater a fenda dixital facilitando que cada lucense dispoña de acceso público a Internet nas inmediacións da súa residencia”, sinalou o concelleiro responsable do servizo, Pablo Permuy.
Con esta proposta, púxose en marcha logo da instalación de novos puntos wifi exteriores en diferentes prazas e espazos públicos da cidade, a través do programa europeo Wifi4EU. “Deste xeito, complétase a renovación iniciada a finais do ano pasado e que levou a rede Wi-Fi a dez espazos públicos: Praza da Milagrosa, Praza Agro do Rolo, Augas Férreas, Praza Maior, Casa da Xuventude, Praza do Castiñeiro, Praza Viana do Castelo, Praza do Campo Castelo, o Centro de Servizos Municipais e praza Horta do Seminario”, engadía Permuy.
“A nosa previsión é seguir ampliando estes puntos de acceso nas diferentes instalacións municipais ata chegar ao centenar antes de final de ano. Algo que nos permite expandir esta rede de acceso público ao 100% da zona urbana do municipio e facilitar o acceso a internet aos grupos de poboación que presentan máis dificultades, especialmente as persoas maiores”, explicou o concelleiro.
Indo á conexión, dicir que segundo o establecido no programa WiFi4EU é moi sinxela, pois non precisa ningún tipo de rexistro. No intre de conectarse por primeira vez á rede wifi de balde, o usuario será redirixido a unha páxina segura de comezo de sesión (portal cativo). Poderase iniciar sesión cun só clic. Amais, os usuarios que se desconecten e volvan conectarse dentro dun período de 12 horas, non terán que volver iniciar sesión.
A renovación e ampliación das antenas wifi das instalacións municipais levouse a cabo con cargo aos fondos do programa de axudas a municipios do Ministerio de Política Territorial para a Transformación Dixital e Modernización das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos europeos Next Generation e supuxo un investimento total de 130.599,36 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?