Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra e o Consello de Contas verifican o nivel de protección en liña da institución provincial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra e o Consello de Contas verifican o nivel de protección en liña da institución provincial

S. P.
Publicado: 13/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_pontevedra_consello_contas_auditoria_ciberseguridade_1.jpgA Deputación de Pontevedra e o Consello de Contas colaboran no desenvolvemento dunha auditoría de ciberseguridade da institución provincial encamiñada a analizar o seu estado de seguridade informática así como o grao de eficacia dos seus Controis Básicos de Ciberseguridade (CBCS).
O deputado de Asistencia aos Concellos, Transparencia e Administración Xeral, Jesús Vázquez Almuíña, mantivo xunto a técnicos da Deputación un encontro institucional con Simón Rego, conselleiro responsable da área de Corporacións Locais e Fiscalización, como paso previo ao arranque deste proceso no que se verificarán os elementos informáticos que a institución provincial ten en marcha para protexerse das ciberameazas.
Esta iniciativa enmárcase no plan de auditorías que o Consello está a abordar nas catro deputacións provinciais, para avaliar e comprobar a situación dos controis básicos de ciberseguridade destas institucións. Ao abeiro deste traballo, o Consello de Contas analizará nos próximos dous meses diversos ámbitos sobre os sistemas de información, afondando no deseño e a eficacia operativa dos controis básicos de seguridade informática para identificar, no seu caso, posibles eivas que poidan afectar á confidencialidade, a integridade, a dispoñibilidade, a autenticidade e a rastrexabilidade dos dato.
No proceso, a Deputación aportará a información sobre o inventario e control de dispositivos físicos; organigrama; o diagrama de rede e a estrutura documental existente. A auditoría examinará, entre outras cuestións, as configuracións seguras do software e hardware de dispositivos móbiles, portátiles, equipos de sobremesa e servidores; o rexistro da actividade dos usuarios; copias de seguridade de datos e sistemas e o cumprimento normativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?