Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A oficina móbil de transformación tecnolóxica da Deputación de Lugo vaise de xira polos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A oficina móbil de transformación tecnolóxica da Deputación de Lugo vaise de xira polos concellos

S. P.
Publicado: 13/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_130923_o_presidente_supervisando_a_oficina_mobil_do_acelera_peme_antes_de_inici.jpgA Deputación de Lugo puxo en marcha unha oficial móbil para fomentar a transformación tecnolóxica do tecido empresarial dos concellos. Fíxoo a través do seu presidente, José Tomé, que presentou este mércores 13 de setembro os detalles da unidade, abeirada ao programa estatal Acelera Pemes. Trátase, dixo, “dunha medida que reforzará o asesoramento gratuíto en materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución provincial dende hai seis meses a empresas e autónomos da provincia a través de Acelera Pemes, que impulsa en colaboración co Goberno do Estado”.
A oficina móbil arrancou este mércores o seu percorrido na Mariña, prestando servizo a empresas e autónomos do Valadouro, Lourenzá e Mondoñedo, e continuará a súa actividade ata finais de novembro.
Este vehículo aliméntase de placas solares que subministran a enerxía necesaria para o funcionamento dos equipos informáticos e da iluminación. Así mesmo, cóntase cun sistema de reciclado da auga de lavado, o que contribúe á reciclaxe do 100% da auga que usa e á redución ata nun 94% da presenza de hidrocarburos. “Trátase dunha aposta polo aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, na liña de favorecer a sostibilidade pola que aposta a Deputación”, sinalou o presidente, engadindo que “esta modalidade que inauguramos hoxe permitiranos chegar mellor ao noso rural e apoiar máis de preto aos proxectos empresariais cunha atención personalizada”.
Tomé lembrou que dende o inicio do Acelera Pemes hai medio ano xa recibiron apoio máis de 1.200 empresas da provincia, o que dá boa conta “do enorme interese que está xerando no tecido produtivo esta iniciativa”, dirixida a axudar ao empresariado e ás persoas autónomas a que aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio.
Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.
O programa Acelera Pemes está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo.

O calendario completo da oficina móbil

Mércores, 13 de setembro:
O Valadouro -10.30 horas
Lourenzá – 12.30 horas
Mondoñedo – 16.00 horas

Venres, 15 de setembro:
Riotorto – 10.30 horas
A Pontenova – 12.00 horas
Meira – 16.00 horas
Pol – 17.30 horas

Luns, 18 de setembro:
Bóveda – 10.30 horas
Monforte de Lemos– 12.30 horas

Martes, 19 de setembro:
Ribeira de Piquín – 10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Baleira – 16.00 horas

Mércores, 20 de setembro:
Láncara – 10.30 horas
O Páramo – 12.30 horas
O Corgo – 16.00 horas

Luns, 25 de setembro:
Carballedo – 10.30 horas
Chantada – 12.30 horas
O Saviñao – 16.00 horas
Taboada – 18.00 horas

Martes, 26 de setembro:
Abadín -10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Cospeito – 16.00 horas

Xoves, 28 de setembro:
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Barreiros – 16.00 horas

Martes, 3 de outubro:
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas

Luns, 9 de outubro:
O Incio – 10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas

Martes, 10 de outubro:
Friol – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Begonte – 16.00 horas

Luns, 16 de outubro:
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá -12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas

Martes, 17 de outubro:
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas

Xoves, 19 de outubro:
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas

Martes, 24 de outubro:
Ribadeo – 10.30 horas
Trabada – 12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas

Xoves, 26 de outubro:
Monterroso – 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas
Guntín – 16.00 horas

Martes, 7 de novembro:
Muras – 10.30 horas
Vilalba – 12.30 horas
Xermade – 16.00 horas

Xoves, 9 de novembro:
A Pobra do Brollón – 10.30 horas
Pantón – 12.30 horas

Martes, 14 de novembro:
Cervo – 10.30 horas
Burela – 12.30 horas
Ourol – 16:00 horas

Xoves, 16 de novembro:
Antas de Ulla – 10.30 horas
Palas de Rei – 12.30 horas

Martes, 21 de novembro:
Paradela – 10.30 horas
Sarria – 12.30 horas
Sober – 16.00 horas

Xoves, 23 de novembro:
Rábade – 10.30 horas
Outeiro de Rei – 12.30 horas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?