Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A patronal de Ribeira acolle os días 18 e 20 de setembro unha xornada sobre mercadotecnia dixital con Javier Rocamora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A patronal de Ribeira acolle os días 18 e 20 de setembro unha xornada sobre mercadotecnia dixital con Javier Rocamora

S. P.
Publicado: 14/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_marketing_estratexia_javier_rocamora_ribeira.jpgA Asociación de Empresarios de Ribeira vai organizar este mes de setembro unha xornada de gran interese para as empresas locais, xa que o obxectivo da mesma é compartir recursos tecnolóxicos que incrementen a produtividade, as vendas, a competitividade, a visualización, a presenza en buscadores e a eficiencia. A xornada Aprende a deseñar unha estratexia de marketing dixital para unha pequena empresa celebrarase o días 18 e 20 de setembro no local que a asociación ten na rúa Rosalía de Castro de Ribeira.
A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Rocamora, consultor de mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico. As prazas son limitadas. As incricións cómpre facelas a través da conta correo@empresariosriveira.com.
A xornada é froito da colaboración entre a patronal de Ribeira e a Cámara de Comercio de Compostela.
O relator da xornada
Como dixemos, a persoa encargada de impartir estes contidos será o experto en ecommerce e redes sociais Javier Rocamora, profesional das novas vertentes da xestión comercial, amais de consultor autónomo e formador especializado neste campo en concreto. Rocamora publica de xeito regular artigos en Marketing For eCommerce, unha das publicacións online de referencia a nivel nacional en comercio electrónico. Entre seus proxectos máis destacados figuran a redacción de contidos no proxecto Vendes en Internet? da entidade estatal Red.es, o deseño e implantación da estratexia dixital a nivel europeo da multinacional islandesa Saeplast, a xestión da campaña estival na Rede de 2017 para Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago ou a súa participación en proxectos para Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski, Pescanova, Elogia Media, BAP Conde, Roi Scroll e un longo etcétera.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?