Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inés Rey visita os cursos de informática e ciberseguridade que comezaron na Coruña esta semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inés Rey visita os cursos de informática e ciberseguridade que comezaron na Coruña esta semana

S. P.
Publicado: 15/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cursos_informatica_coruna.jpgO Concello da Coruña ten programado o inicio de seis formacións gratuítas para persoas desempregadas este mes de setembro. A alcaldesa, Inés Rey, achegouse ao Centro Municipal de Emprego dos Rosais a coñecer ao alumnado dos cursos de informática e ciberseguridade que iniciaron as súas aulas este luns 11 de setembro.
En total, 304 persoas en situación de desemprego terán a oportunidade de iniciar a súa formación gratuíta nos cursos de emprego municipais este semestre, ampliando os seus coñecementos en peixaría, construción, carpintaría ou outros sectores con demanda de persoal” explicou Rey. A alcaldesa estivo acompañada por Juan Borrego, concelleiro de Emprego; e Yoya Neira, concelleira da área de Benestar Social.
No primeiro semestre, o Concello ofertou un total de 285 prazas a través de 20 cursos, incrementadas nesta segunda quenda en 19 prazas máis. “Cos cursos programados ata a data, o Concello ten prevista a formación gratuíta de case 600 persoas en situación de desemprego neste ano 2023” explicou a alcaldesa, Inés Rey. Entre os cursos iniciados no primeiro semestre atópanse catro edicións de Big Data, impartidas no marco do programa Actualízate para o fomento da empregabilidade en áreas dixitais, ao igual que a formación en ciberseguridade.
“O noso obxectivo como Goberno local sempre foi apostar pola tecnoloxía como futuro económico da cidade, tamén a través da formación en emprego” sinalou a alcaldesa. Rey explicou que os cursos de Big Data resultaron ser “un éxito na súa primeira convocatoria cunha alta demanda de solicitudes”, ampliando de dúas a catro as convocatorias e o número de prazas por quenda de 25 a 28. Tamén dixo que neste segundo semestre impartiranse dúas edicións de ciberseguridade, con 30 prazas cada unha, reforzando a formación en materia tecnolóxica.
Polo que respecta a Actualízate, trátase dun programa que se imparte a nivel nacional, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e impulsado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial. Segundo explicou a rexedora, os cursos contan cun compromiso mínimo de contratación do 25% do alumnado que finaliza a formación, con emprego durante seis meses nunha empresa do sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
A alcaldesa destacou “a importancia de apostar pola formación en emprego como motor de reactivación económica” e puxo como exemplo o programa Coruña Suma, que rematou no mes de maio con 1.130 persoas inseridas no mercado laboral, 432 homes (38,2%) e 698 mulleres (61,8%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?