Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España reduciu un 14,5% o seu consumo enerxético por tráfico de datos na rede no último ano fiscal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España reduciu un 14,5% o seu consumo enerxético por tráfico de datos na rede no último ano fiscal

S. P.
Publicado: 15/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_satelite_mobil.jpgVodafone España fixo balance dos seus logros en recentes en sustentabilidade. No informe salienta o seguinte dato: a operadora foi quen de reducir nun 14,5% o consumo de enerxía por tráfico de datos de rede móbil e fixa (52,8kWh/TB versus 45,177kWh/TB) no último ano fiscal, entre abril de 2022 e marzo de 2023. “Desta forma duplicamos o aforro enerxético con respecto ao exercicio anterior (7%) a pesar dun aumento no tráfico de datos de rede fixa e móbil do 11,4%”, informa a compañía, que para lograr estes fitos tivo que traballar en varias frontes de transformación de rede durante o último ano.
Entre as iniciativas destacan o apagado da rede de cobre (coa migración da súa carteira de clientes de tecnoloxías de cobre, como o ADSL, a tecnoloxías máis eficientes como a fibra ou FTTH que permiten manexar unha maior cantidade de datos con menos consumo enerxético), os procesos de consolidación e virtualización da rede CORE con novo equipamento de última xeración (que incrementa a eficiencia enerxética, facilita a xestión de infraestruturas asociadas e permite novas oportunidades de apagado de redes obsoletas) ou a substitución dos equipos SAI ou Sistema de Alimentación Ininterrompida e equipos de enerxía máis antigos por novos modelos que reducen as perdas un 10% e melloran o rendemento enerxético da infraestrutura. Vodafone tamén está a realizar a migración dos seus clientes móbiles a servizos como VoLTE (Voz sobre LTE), que permite utilizar 4G para chamadas de voz e que supera xa o 50% dos minutos de voz rexistrados, ou VoWIFI (Voz sobre Wi-Fi), que facilita chamadas de voz en Wi-Fi optimizando a calidade en interiores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?