Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco celebrou o 50 aniversario da súa frutífera relación con Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco celebrou o 50 aniversario da súa frutífera relación con Galicia

S. P.
Publicado: 15/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

seresco_aniversario.jpgSeresco, compañía española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital, conmemora estes días o 50 aniversario da súa actividade no mercado galego. A empresa celebrou esta efeméride este venres 15 de setembro en Vigo na compaña de AMTEGA, o Círculo de Empresarios de Galicia, a Universidade de Vigo, o centro atlantTIC ou Gradiant, entre outras empresas, entidades e centros tecnolóxicos da nosa terra.
Na cita participou o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, concretamente na mesa redonda Desafíos e oportunidades na transformación dixital de Galicia, que formou parte dos actos de celebración. No debate, tamén interviñeron a vicepresidenta do Circulo de Empresarios de Galicia, María Borrás; o director xeral de Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Luis Pérez Freire; e o catedrático da Universidade de Vigo e director de atlanTTic, Martín Llamas. A mesa foi moderada pola xornalista Gladys Vázquez.
O director da Axencia destacou o obxectivo transversal da EGD2030 de avanzar cara á especialización tecnolóxica de Galicia a través da creación, atracción e retención de talento dixital e o traballo conxunto co sistema universitario, os centros de investigación e o sector TIC. Cerviño enmarcou neste obxectivo a próxima instalación na Coruña da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Cerviño anunciou tamén que a Xunta traballa nun anteproxecto de lei de Intelixencia Artificial que está en proceso de consulta. O director da Axencia destacou que perseguir o obxectivo de especialización é posible “grazas ao grao de madurez dixital alcanzado por Galicia coa aplicación de dúas axendas dixitais entre 2009 e 2020, que ten continuidade coa EDG2030”. Resaltou que no último Índice de Competitividade Rexional da Comisión Europea, Galicia “está bastante por enriba da media comunitaria en preparación tecnolóxica, cunha puntuación de 123,8 (na que 100 é a media das rexións da UE)”.
Un pouco de historia
Fundada en Asturias en 1969, Seresco abriu as portas da súa sede en Vigo no ano 1973, convertendo a nosa terra na primeira delegación da tecnolóxica decana a nivel nacional. Ao longo destes 50 anos, Galicia e Seresco creceron da man e evolucionado grazas ao desenvolvemento tecnolóxico.“Para nós Galicia supón unha praza clave”, explican dende a empresa, poñendo o foco no papel que xoga a sede galega de Seresco como “motor de cambio e centro de innovación para proxectos de carácter nacional e internacional”. Dende Galicia, sinalan, “levamos a cabo grandes innovacións en materias como a agricultura de precisión e a dixitalización de procesos, o que permite ás empresas, autónomos ou pemes realizar o seu traballo dunha maneira máis sinxela”. Neste punto Seresco destaca a súa “ampla colaboración da administración autonómica”, quen confiou á tecnolóxica asturiana proxectos e iniciativas “de gran calado”, sendo algunhas adquiridas e empregadas polo Ministerio de Agricultura e outras comunidades autónomas.
“Esta sinerxía entre administracións e empresas locais”, engade a compañía, “non sería posible sen os 70 traballadores cos que conta Seresco en Galicia, comunidade que achega unha quinta parte da facturación total da compañía, cuxa cifra anual situouse nos 34 millóns de euros en 2022”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?