Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN presenta un novo programa para apoiar grandes proxectos innovadores: Misións RIS3
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN presenta un novo programa para apoiar grandes proxectos innovadores: Misións RIS3

S. P.
Publicado: 15/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

patricia_argerey_20230915gainmisions.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, presentou na mañá deste 15 de setembro o proceso participativo de identificación das Misións RIS3, un novo instrumento da Xunta para apoiar grandes proxectos de I+D+i e investimento produtivo con alcance estratéxico, capacidade tractora sobre o ecosistema de innovación e con potencial transformador sobre a economía e a sociedade galega.
Nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela ante máis dun cento de asistentes, Argerey informou de “que serán as empresas, centros de coñecemento, Administración e sociedade quen definan estas Misións ao longo das vindeiras semanas co obxectivo de orientar a investigación e a innovación cara a solución dos problemas da industria e da sociedade galegas, a partir dos ámbitos de priorización definidos na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)”.
Estas Misións, engadiu, “terán enfoque de cadea de valor, é dicir, todos os sectores están chamados a contribuír a elas, e todo tipo de axentes do ecosistema galego de innovación en todas as etapas da I+D+i”.
Ademais, as Misións seleccionadas ao longo das vindeiras semanas, a través de mesas de traballo organizadas en tres fases, orientarán a primeira convocatoria deste programa, dotada con 15 millóns de euros, que previsiblemente se publicará no vindeiro mes de decembro.
A convocatoria de Misións RIS3 apoiará grandes proxectos tractores que contribúan á consecución das metas establecidas para cada Misión. Os destinatarios desta convocatoria serán grandes consorcios, cun mínimo de seis entidades público-privadas, cun orzamento mínimo de 1 millón de euros e unha duración de tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?