Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acollerá a segunda edición do encontro investigador Elas no prelo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acollerá a segunda edición do encontro investigador Elas no prelo

S. P.
Publicado: 18/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_elas_no_prelo.jpgO CITIC (Centro de Investigación TIC) da UDC acollerá o próximo 22 de setembro, ás 10.00 horas, o encontro investigador Elas no prelo II. Mulleres no mundo da edición na Galiza. Nesta cita, continuando coa liña de investigación iniciada en 2021, farase unha contribución á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado A edición literaria na Galiza, 1975-2000 (PID2020-119605RB-I00), coordinado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián.
Segundo explican fontes do centro tecnolóxico da Universidade da Coruña, o estudo do papel das mulleres nos proxectos editoriais da etapa comprendida entre o 1975 e o 2000 é un eido “pouco explorado, dadas as características da industria editorial, aínda que o seu traballo tivo unha grande relevancia e impacto”. Por isto, tendo en mente a elaboración dun primeiro catálogo de mulleres con actividade no sector, con este encontro búscase proxectar ao público este labor de visibilización do traballo das mulleres editoras e o seu papel no marco do espazo da industria cultural e do mundo editorial galego.

Programa
10:15-11:15 h. Presentación do proxecto A edición literaria na Galiza (1975-2000): avances e primeiros resultados con Carme Fernández P-Sanjulián (UDC) e Ánxela Lema (UDC/Universitat de Barcelona).
11:30- 13:30 h. Editar libros: tres experiencias en primeira persoa, moderado por: Iria Sobrino Freire (UDC)
Helena Pérez – Edicións Xerais
Ana Guerra – Editorial Obradoiro
Mª Xesús Gómez – Editorial Rodeira
13:30-15:00 h. Xantar
15:00-17:00 h. Sesión de traballo co equipo de investigación 

O equipo do proxecto A edición literaria na Galiza, 1975-2000 está formado por un grupo multidisciplinar de investigadoras/es da UDC: Iria Sobrino, Xosé Ramón Freixeiro, Ánxela Lema, Mª Obdulia Luis, Xoán L. Viñas, Inma Doval, Uxío-Breogán Diéguez e José Antonio Seijas, coordenados pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ILLA-UDC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?