Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez visita a rodaxe de Operación Marea Negra na antiga Fábrica de Armas da Coruña (hoxe Cidade das TIC)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez visita a rodaxe de Operación Marea Negra na antiga Fábrica de Armas da Coruña (hoxe Cidade das TIC)

S. P.
Publicado: 18/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20230918_operacionmareanegra2.jpgO conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitou este luns 18 de setembro ao equipo da serie da plataforma de streaming Prime Video Operación Marea Negra. Fíxoo durante a rodaxe na Coruña coincidindo coa recta final da filmación da súa terceira e última temporada. A xornada de traballo desenvolveuse na antiga Fábrica de Armas (hoxe en día Cidade das TIC), unha das numerosas localizacións coruñesas desta nova quenda de cinco episodios.
Con ela, culmina o percorrido desta coprodución galego-portuguesa, encabezada pola compañía compostelá Ficción Producciones, que xa nas súas anteriores entregas tivo Galicia como escenario principal co apoio da Xunta a través de diferentes liñas de subvencións ao sector audiovisual galego.
O delegado territorial na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acompañaron o conselleiro no seu percorrido polo set xunto con Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos por parte de Ficción Producciones; e os representantes de Prime Video, da Rádio e Televisão de Portugal (RTP) e da tamén portuguesa Ukbar.
Na súa visita, o conselleiro felicitou a parte do equipo técnico e artístico, composto por preto de 70 profesionais, dos que máis do 70 % son galegos. Igor Legarreta e Oskar Santos lideran a dirección desta nova entrega, que volve contar con Jorge López no papel protagonista xunto a un destacado reparto hispano-portugués no que figuran Óscar Jaenada, Bruno Gagliasso, Pêpê Rapazote, Soraia Chaves, Diego Anido, Luis Zahera ou Miguel de Lira, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?