Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña apoia o proxecto carnotán Galicia Remota para captar nómades dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña apoia o proxecto carnotán Galicia Remota para captar nómades dixitais

S. P.
Publicado: 19/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pleno_deputacion_coruna-2.jpgA Deputación da Coruña aprobou unha subvención para o financiamento do proxecto piloto Galicia Remota, en colaboración co Concello de Carnota. Con esta iniciativa búscase” crear un novo modelo de turismo, innovación e sustentabilidade para facer do rural un polo de atracción de persoas que poidan desenvolver o seu labor profesional en teletraballo desde calquera lugar do mundo”, explicou a entidade provincial, engadindo que a contribución da institución coruñesa contribuirá ao financiamento da actividade cunha achega de 24.000 euros, o 80 % do orzamento total, que ascende a 30.000 euros.
Máis polo miúdo, Galicia Remota pretende ser “un novo modelo de turismo no que as persoas traballadoras en liña vexan unha oportunidade na que vivir experiencias únicas de crecemento persoal e profesional e descubran novos lugares ao mesmo tempo que desenvolven o seu traballo en liña”.
Nun plano aínda máis específico, o obxectivo da iniciativa é “contribuír a frear o despoboamento do rural” e “convertelo nun lugar de emprendemento, amosando que é posible traballar en remoto desde lonxe das cidades cunha maior calidade de vida e sen o trafego cotián das grandes urbes”, explicou o presidente, Valentín González Formoso, que subliñou que a creación de actividade e emprego no rural e a loita contra o despoboamento é un dos eixos estratéxicos da acción política do goberno provincial coruñés.
Unha ducia de nómades
Un grupo de 12 nómades dixitais internacionais poderán vivir durante tres semanas, do 8 ao 30 de outubro, no rural do municipio e axudar a motivar o tecido emprendedor local. A idea é abordar distintos problemas locais como por exemplo “a escasa iniciativa empresarial, a presenza de negocios con pouco valor engadido e o turismo estacional e de baixa calidade”.
Durante a súa estadía, as persoas participantes desta primeira experiencia realizarán distintas actividades como: obradoiros con artesáns, visitas guiadas de aprendizaxe, visitas culturais, coloquios específicos sobre emprendemento, etc.
Co apoio a este proxecto do Concello de Carnota, a Deputación mostra o “seu compromiso coa loita contra o despoboamento do rural e co impulso do desenvolvemento económico e social da provincia”.
Novo alumeado para o campo de fútbol de Lombáns
O pleno aprobou tamén, por unanimidade, o convenio entre a Deputación e o Concello de Carnota para financiar con 115.000 euros as obras de mellora de eficiencia enerxética do campo de fútbol de Lombáns. A Deputación achegará o 80% do investimento (92.000 euros). O proxecto inclúe a renovación das luminarias existentes, substituíndo a tecnoloxía actual por equipos LED para mellorar a eficiencia enerxética da instalación, localizada no lugar de Capelán, na parroquia de San Mamede.
En concreto, na actuación enmárcase a substitución dos proxectores que iluminan o terreo de xogo; o tendido de novas redes de terra para acompañar a liña subterránea de alimentación aos proxectores; a adecuación da instalación de iluminación e forza interior e a realización de novos cadros de mando.
Con estes traballos búscase mellorar as condicións enerxéticas do lugar, acadando unha maior visibilidade á vez que se consegue unha maior eficiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?