Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A transformación dixital os concellos de menos de 20.000 habitantes progresa grazas á Deputación de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A transformación dixital os concellos de menos de 20.000 habitantes progresa grazas á Deputación de Pontevedra

S. P.
Publicado: 19/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pontevedra_deputacion_transformacion_dixital_modernizacion_concellos.jpgO proxecto de transformación dixital e modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes dá un paso adiante na Deputación de Pontevedra, pois a dita proposta conta cunha axuda de 2,52 millóns de euros dos fondos NextGenerationEu. Boa proba disto é a xuntanza que a deputada de Fondos Europeos, María Ramallo, mantiña cos alcaldes e representantes de 25 concellos con poboación inferior aos 20.000 habitantes para achegarlles información sobre esta iniciativa coa intención de que se adhiran ao convenio coa Deputación.
Segundo a deputada provincial é “unha grande oportunidade” que sexa a Deputación quen lidere este proxecto, “de tal xeito que non implique trámites administrativos” aos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Unha vez que os concellos subscriban o acordo de adhesión, os seguintes pasos deste proxecto, que ten concedida unha prórroga para o seu desenvolvemento ata o vindeiro 30 de abril de 2024, pasan por formalizar o convenio para proceder a licitar as diferentes liñas de actuación. A primeira das liñas do proxecto consiste na posta en marcha dunha plataforma web/app de comunicación e xestión de incidencias, unha canle de comunicación bidireccional entre a cidadanía e o concello que permite a participación cidadá, a difusión de información e a xestión de incidencias. Asemade, a posta en marcha dun portal de transparencia que permita o acceso á información orzamentaria de maneira clara e ordenada, con toda a información sobre os gastos e ingresos do concello, que lle permita cumprir coa Lei de Transparencia.
A segunda das liñas consistirá no desenvolvemento dun sistema de xestión de órganos colexiados (videoactas), incluíndo subministro de equipo e software de emisión, gravación e almacenamento de reunións con autenticación dos vídeos. Así, os cidadáns poida seguir en directo ou baixo demanda os plenos do seu concello e as Secretarías Municipais dispoñan dunha ferramenta para xerar de maneira automática as actas dos mesmos.
Pola súa banda, a terceira das liñas consiste na posta marcha dun cadro de mando de indicadores da Axenda Urbana e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que será unha plataforma de axendas municipais para visualizar, explorar, xestionar e analizar estes indicadores e os da Axenda Urbana Española (AUE) da provincia para poder facer un seguimento e trazar plans de mellora.
A cuarta liña consiste na provisión de equipamentos informáticos intelixentes para facilitar a mobilidade e a produtividade dos empregados públicos: un de tipo estándar dotado con capacidades para o desenvolvemento das tarefas ofimáticas máis habituais, e outro avanzado, de maiores capacidades para o desenvolvemento de tarefas técnicas que requiran prestacións superiores. Os concellos interesados poderán solicitar un máximo de 12 dos primeiros equipos e 2 dos segundos.
Tamén se dotará ao centro de procesamento de datos (CPD) da Deputación de novos servidores de altas prestacións para poder achegar servizos centralizados de almacenamento (cloud) aos concellos, e poder albergar tamén as ferramentas deste proxecto e a información que se xere. Por último, levarase a cabo a incorporación á Carpeta Cidadá da Administración Xeral do Estado, o que permitirá á cidadanía acceder de maneira autenticada á consulta dos seus expedientes.
p margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115% a:link so-language: zxx

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?