Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra acolle un ciclo de conferencias sobre a fenda de xénero na comunicación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra acolle un ciclo de conferencias sobre a fenda de xénero na comunicación dixital

S. P.
Publicado: 20/09/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

facultade_de_comunicacion_campus_pontevedra.jpgLoitar contra o teito de cristal da comunicación en materia de xénero. Este é un dos obxectivos das conferencias A fenda de xénero dixital: construíndo a Internet e as relacións sociais dende o empoderamento feminino, que entre os meses de setembro e novembro desenvolverase na Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra. Haberá relatorios sobre os nesgos de xénero da Intelixencia Artificial, os estereotipos e desigualdades que poden atoparse na comunicación dixital ou un obradoiro de memes feministas, entre outros contidos.
As conferencias contan con patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e son promovidas polo grupo de innovación docente Academ-IA (Intelixencias Artificiais en Educación). Así mesmo, esta semana arranca tamén o III Seminario de Alfabetización contra a Desinformación, promovido polo grupo de innovación docente Dixitais, tamén da Facultade de Comunicación.
Coordinadas polo profesor Xabier Martínez Rolán, estas xornadas formativas vincúlanse coa docencia de diferentes materias dos graos en Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas, así como do mestrado (master) en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais.
Abertas ao público ata completar a capacidade da sala, estas conferencias buscan tamén promover unha reflexión entre os futuros e futuras profesionais respecto dese “teito de cristal” existente no sector da comunicación e en como este se amplía cando “introducimos a variable tecnolóxica, por exemplo, no relativo ao deseño web e o desenvolvemento de aplicacións móbiles”. A través das achegas de expertas e profesionais, o ciclo busca tamén pór o foco “en como a tecnoloxía pode usarse para apoiar os dereitos e o apoderamento das mulleres”, así como proporcionar “recursos para combater a desigualdade entre homes e mulleres no que se refire ao acceso e o uso da tecnoloxía”.
O ciclo arranca este mércores 20 coa conferencia Intelixencias artificiais xerativas e nesgos de xénero, a cargo da investigadora da Universidade da Coruña (UDC) Laura Castro, que permitirá pór o foco en como o “adestramento” das intelixencias artificiais fai que se trasladen a estas estereotipos e nesgos que poden facer, por exemplo, que poidan dar unha resposta diferente a unha mesma pregunta se quen a efectúa é home ou muller, como apunta Martínez Rolán.
Outras actividades poñen o foco en “”aspectos directamente ligados co deseño e a creatividade dixital”, como o relatorio Visibilidade e empoderamento: feminismo na creatividade dixital, que o 10 de outubro impartirán Alba Pato e María Juanatey, fundadoras de Bululú Creativos. O día 18 de outubro será a quen do Obradoiro de memes feministas, a cargo da responsable da axencia Trend, Xiana Vidal, unha actividade que busca pór o foco en como a “extrema simplificación” que implican estes elementos, non só “axuda a transmitir estereotipos”, senón tamén a combatelos.
O ciclo continúa o 24 de outubro co taller Deseño web dende unha ollada feminista, a cargo de Sabela Muñiz, unha das organizadoras da WordCamp Pontevedra que esta fin de semana acollía a Facultade de Comunicación.
Dous días despois, o 26 de outubro, a xefa do Servizo de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra, Rebeca Domínguez, impartirá a conferencia Protocolo e xénero: rompendo estereotipos e construíndo igualdade, e a actividade pecharase o 15 de novembro cunha reflexión sobre As disfuncións da comunicación dixital, a cargo de Teresa Piñeiro, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC.
Promovido polo grupo de innovación docente Dixitais, tamén da Facultade de Comunicación, esta semana arranca tamén a terceira edición do Seminario de Alfabetización contra Desinformación, un ciclo de conferencias en liña, completadas con materiais adicionais, no que tres especialistas neste ámbito promoverán un reflexión sobre “os distintos aspectos que interveñen no fenómeno da desinformación e sobre os principais mecanismos para loitar contra ela”, como apuntan os coordinadores desta actividade, os investigadores Mabel Míguez, Alberto Dafonte e Javier Abuín.
Con inscrición previa e inserido nas actividades de formación do profesorado da Escola Aberta de Formación Permanente, trátase dun ciclo aberto a toda a cidadanía e orientado a un público non especializado, coa idea de que “poida comprender mellor as implicacións desta problemática e coñecer as ferramentas que ten ao seu alcance para facerlle fronte”.
Impartido a través de Campus Remoto, a actividade ábrese este martes 19, ás 17.30 horas, coa conferencia Los jóvenes ante la desinformación, da investigadora da Universidad de Navarra Charo Sádaba. Á semana seguinte, o martes 26, o profesor da Universidad Carlos III ofrecerá o relatorio El método científico como herramienta contra la desinformación, pechándose a actividade o 3 de outubro coa conferencia Algoritmos, periodismo y desinformación, de Berta García, da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?