Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA celebra entre setembro e outubro a 2ª edición do seu curso de análise de datos con Power BI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA celebra entre setembro e outubro a 2ª edición do seu curso de análise de datos con Power BI

S. P.
Publicado: 20/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feuga_power_bi-2.jpgA fundación FEUGA (Fundación Empresa Universidade de Galicia) organiza esta tempada a segunda edición do seu curso sobre Análise de datos con Power BI, unha nova oportunidade, en palabras dos organizadores, “para descubrimos unha intelixencia empresarial sen precedentes” e “dar o chimpo dos datos ao coñecemento en minutos”.
Nun plano máis específico, o curso servirá entre outras cousas para aprendernos como ler e transformar datos, desenvolver cálculos avanzados e detectar tendencias nos datos. Tamén recibiremos adestramento na creación de paneis, informes e cadros de mando visuais e dinámicos “cos que dar resposta inmediata ás preguntas máis importantes dun negocio”.
Segundo explica FEUGA na información do curso, no mundo actual non abonda con aplicar dende unha empresa as estratexias de mercadotecnia que ata hai poucos anos guiaban ás maiores e mellores empresas do mundo: “Agora é necesario extraer a información axeitada tanto dos datos que internamente xera a empresa como dos que se obtén da Internet”.
Será esta información a que, tras ser analizada co software adecuado, permitirá aos responsables da empresa a correcta toma de decisións. Este tipo de software é o que hoxe día coñécese como Business Intelligence, que é onde se encadra Power BI, hoxe en día, lembra FEUGA, “líder do mercado de ferramentas de autoservizo de Business Intelligence”.
Nesta formación revisaranse de maneira práctica os conceptos involucrados no uso desta ferramenta: a carga e transformación dos datos (os chamados procesos ETL), a creación e visualización de informes, e a súa publicación e intercambio con terceiros. Ademais, realizarase unha introdución ao uso da linguaxe de modelado de datos DAX para a creación de campos e métrica personalizadas.
A actividade formativa celebrarase en formato de vídeo-conferencia en tempo real e terá unha duración de 16 horas. Desenvolverase os días 26 e 28 de setembro e 3 e 5 de outubro, en horario de mañá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?