Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tourist Inside II dotará media ducia de oficinas turísticas de Pontevedra dunha ferramenta para xestionar o fluxo de persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tourist Inside II dotará media ducia de oficinas turísticas de Pontevedra dunha ferramenta para xestionar o fluxo de persoas

S. P.
Publicado: 20/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_tourist_inside.jpgSegue adiante o programa Tourist Inside II, impulsado pola Deputación de Pontevedra para facilitar a transformación dixital do destino Rías Baixas. Desta volta iniciáronse dúas novas iniciativas. A primeira consiste en dotar seis oficinas de información turística da provincia dunha ferramenta para xestionar o fluxo de persoas e controlar a capacidade. A segundo será un curso en liña para formar o persoal das oficinas na xestión de destinos turísticos intelixentes. Ambas as dúas medidas suporán un investimento de 36.000 euros.
No referido á ferramenta de xestión do fluxo de persoas e control da capacidade e distanciamento social nas oficinas adheridas á rede Info Rías Baixas, beneficiaranse o palacete das Mendoza (sede central e punto de información de Turismo Rías Baixas en Pontevedra) e outros cinco puntos dos 32 que compoñen a rede, concretamente as oficinas turísticas dos concellos de Baiona, Mondariz-Balneario, Redondela, Sanxenxo e Tui, todas elas cunha superficie de máis de 50 m2. A plataforma e os dispositivos asociados permitiranlle á Deputación “obter información estratéxica e operativa para avanzar na mellora dos servizos que presta actualmente a rede”. Os datos, que se obterán en tempo real e con alta precisión, permitirán unha xestión máis intelixente e mellorada para darlles un mellor servizo ás persoas visitantes.
En canto á formación que recibirá o persoal das oficinas, trátase dun curso en liña de 40 horas de duración que permitirá responder á demanda de formación das e dos técnicos turísticos municipais do destino Rías Baixas no eido da xestión intelixente. O programa teórico-práctico permitiralles coñecer os principais conceptos do modelo de Destino Turístico Intelixente (DTI) para axudar a que a provincia de Pontevedra se converta nun espazo innovador e xerador de intelixencia turística.
Como dixemos, Tourist Inside II é un programa da Deputación de Pontevedra que busca avanzar na transformación dixital da provincia de Pontevedra como DTI, para mellorar a eficiencia enerxética e mediante a vixilancia tecnolóxica asociada á actividade turística da provincia. O programa está financiado cos fondos Next Generation da UE, polo programa de axudas á transformación dixital e modernización das entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?