Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros industriais poñen en marcha en Lugo unha Oficina Acelera Peme
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros industriais poñen en marcha en Lugo unha Oficina Acelera Peme

S. P.
Publicado: 20/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aiig_acelerapyme2.jpgA Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) vén de poñer en marcha unha Oficina Acelera Peme (OAP) en Lugo, que terá unha vertente física na praza Santo Domingo 6, 3.º e outra virtual vía web. “Trátase dun punto onde ofreceremos atención personalizada e asesoramento para facilitar a transformación dixital das pemes, emprendedores e autónomos de Lugo”, explicou na mañá deste 20 de setembro o presidente da AIIG, Francisco Manuel Pérez Rivas, durante a presentación da oficina.
Estivo acompañado polo delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz; e a subdelegada do Gobierno en Lugo, María Isabel Rodríguez López; xunto á delegada de Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Lugo, Silvia Colmenero Guzmán, e o vogal da AIIG por Lugo, José Luis Valado Viéitez.
Pedro Blanco destacou que “só na provincia de Lugo ata 4.000 pequenas empresas e persoas autónomas están a incorporar novas solucións dixitais aos seus negocios con 13 millóns de euros do Plan de Recuperación grazas ao programa Kit Dixital e o apoio das Oficinas Acelera Peme”. A nivel de Galicia, dixo, “xa son 25.000 pemes e autónomos os que recibiron 90 millóns do devandito Plan, cifras históricas que exemplifican o noso compromiso e que evidencian unha vez máis que este Goberno é o mellor aliado das empresas, poñendo encima da mesa os investimentos que fagan falta para mellorar a súa competitividade”.
Pola súa banda, Javier Arias encomiou a iniciativa e destacou que complementa á rede de centros de apoio e asesoramento que a Xunta implantou na provincia a través dos Polos de Emprendemento ou do programa Conecta Lugo, este último en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo. Neste sentido, lembrou que “achegar información concreta e axustada a cada caso, ofrecer o acompañamento adecuado, incrementa a eficiencia dos recursos públicos dispoñibles”.
Tres tipos de actuacións
aiig_acelerapyme3.jpg Segundo destacaron dende a AIIG, as tecnoloxías que se difundirán desde a OAP de Lugo serán variadas: desde as máis accesibles ou coñecidas polo empresariado (sistemas de xestión integral, xestión da carteira de clientes de forma diferenciada, análise de datos a través de Power BI, ferramentas de traballo colaborativo, ciberseguridade, aplicación da Realidade Virtual e Aumentada, mercadotecnia dixital, loxística avanzada, xestión de procesos internos ou impresión dixital) ata as máis avanzadas (Intelixencia Artificial Aplicada, Building Information Modelling, xemelgos dixitais, Blockchain na empresa, ferramentas de comunicación avanzadas, modelos de forecasting por Intelixencia Artificial, IoT ou Big Data).
“O noso obxectivo principal é mostrar ás empresas, autónomos e emprendedores a aplicación práctica da tecnoloxía, que poidan ver e tocar solucións propostas por diferentes empresas e de diferentes tecnoloxías… queremos achegar a demanda ás empresas tecnolóxicas”, apuntou Silvia Colmenero.
Estas tecnoloxías presentaranse ás persoas empresarias e autónomas e ás pemes de Lugo a través de tres grandes tipos de actuacións:
1- Lab Test: con tecnoloxía implantada nos computadores e con elementos físicos (IoT, lentes de Realidade Virtual, simuladores…) para que calquera empresa, empresario ou autónomo poida tocar as tecnoloxías.
2- Tech Days: en colaboración coas Universidades e os Centros Tecnolóxicos de Galicia organizaranse xornadas con demostracións de diferentes provedores sobre unha determinada tecnoloxía, de forma que os asistentes poidan coñecer distintas alternativas.
3- Demo Days: xornadas para presentar diferentes tecnoloxías de aplicación e uso aos asistentes que poderán ver, nun único día, diferentes tecnoloxías e a súa aplicación directa sobre as empresas.
Finalmente, para potenciar a figura da muller na transformación dixital, a Oficina Acelera Peme de Lugo e a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia crearán o Woman Tech Day. Neste evento, serán as mulleres que se encargaron de dixitalizar as súas empresas as que conten os retos e problemáticas que se atoparon e superado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?