Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bahía Software optimiza o diagnóstico de pacientes oftalmolóxicos co desenvolvemento do software Nazzar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bahía Software optimiza o diagnóstico de pacientes oftalmolóxicos co desenvolvemento do software Nazzar

S. P.
Publicado: 21/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nazzar_bahia_software.jpgBahía Software, empresa galega de solucións tecnolóxicas para o sector sanitario, presentou os detalles dun software denominado Nazzar que, en palabras da compañía con sede principal en Ames, “revoluciona o diagnóstico das enfermidades oftalmolóxicas, grazas á súa solución de saúde intelixente deseñada para o control e seguimento áxil do paciente oftalmolóxico”.
Plataforma personalizable
Bahía explica que Nazzar é “unha plataforma personalizable e doada de integrar, que brinda un soporte seguro á decisión clínica para os oftalmólogos baseada en algoritmos de Intelixencia Artificial” e “que permite unha medición exhaustiva dos resultados de saúde”.
A ferramenta creada por Bahía conta cunha interface intuitiva e outros recursos que “melloran a eficiencia na práctica oftalmolóxica, permitindo aos profesionais da saúde ofrecer un coidado máis preciso, personalizado aos seus pacientes perseguindo a eficiencia e optimización de custos no tratamento”, explicou o director de negocio da compañía, José Ramón Varela, engadindo que estamos “ante unha solución que facilita a actividade asistencial e as avaliacións diagnósticas aos facultativos dos servizos sanitarios, a través da recollida estruturada e áxil de datos clínicos e ao uso de algoritmos para a toma de decisións en pacientes que sofren patoloxías oftalmolóxicas”.
Varela tamén lembra que na actualidade, os tratamentos oftalmolóxicos están condicionados tanto polos antecedentes médicos e persoais, como polas características clínicas das diferentes patoloxías. Neste sentido, “a recompilación e o correcto tratamento destes datos pode mellorar o seguimento da evolución dos pacientes actuais e futuros”, destacou.
Volvendo ás características intrínsecas de Nazzar, ofrece aos oftalmólogos un soporte seguro á decisión clínica, así como unha medición dos resultados en saúde. “A nosa proposta permite optimizar os fluxos de traballo e o proceso de atención de pacientes, buscando o aforro de custos no uso de fármacos”, indicou José Ramón Varela. Ademais, brinda aos facultativos sanitarios ferramentas actualizadas e validadas que lles facilitan o acceso á información e as tarefas de diagnóstico xa que, segundo explica Varela, “actualmente os sistemas de información implantados nos servizos de saúde non permiten xestionar esta recompilación de datos desde un punto de vista específico, limitando así nunha gran maioría dos casos a toma de decisións clínicas e organizativas”.
No caso da terapia intravítrea utilízase para tratar enfermidades como a dexeneración macular asociada á idade (DMAE), que afecta ao 30% das persoas maiores de 75 anos e que é a primeira causa de cegueira en maiores de 65. Tamén serve para atacar o edema macular (EM), que é a causa principal de perda visual en pacientes diabéticos nos países desenvolvidos
A misión de Bahía Software é impulsar a innovación no campo da saúde e mellorar a calidade de vida dos pacientes a través de tecnoloxías de última xeración. “Por eso, a nosa ferramenta é modular e seguimos traballando no seu desenvolvemento para as áreas de cataratas e glaucoma, entre outras”, adiantaron.
A compañía galega presentará a súa solución innovadora durante a súa participación no 99 Congreso da Sociedade Española de Oftalmoloxía/Oftalmoloxía (SÉ) (caseta número 103), considerando este foro como “unha oportunidade para coñecer de primeira man como Nazzar transforma a atención oftalmolóxica e potencia a toma de decisións médicas”. E conclúe Varela: “Cremos firmemente que Nazzar representa un salto significativo na forma en que os oftalmólogos poden abordar o control e seguimento dos seus pacientes, e queremos compartir a nosa visión con todos os asistentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?