Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo acolle este mediodía unha xornada sobre retos empresariais de produtividade, dixitalización e talento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo acolle este mediodía unha xornada sobre retos empresariais de produtividade, dixitalización e talento

S. P.
Publicado: 21/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

alvaro_nadal_jorge_dezcallar_vigo_attica_21.jpgNo mediodía de hoxe, xoves 21 de setembro, ás 13 horas Vigo celebra os Diálogos para o Desenvolvemento baixo o lema Produtividade, dixitalización e talento: unha perspectiva empresarial. O encontro, organizado por Management Activo e patrocinado por Solunion, Cajamar e SEIDOR, celebrarase no Hotel Attica 21 e acudirán o exministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal, e o exdirector do Centro Nacional de Intelixencia e embaixador español, Jorge Dezcallar. Os e as participantes falarán sobre o novo contexto sobre as perspectivas económicas de España e Europa para os meses finais de 2023 e comezo de 2024.
Álvaro Nadal fará un repaso sobre o novo contexto económico internacional derivado do Brexit, o shock enerxético, a inflación e o xiro das políticas monetarias. Asemade, analizará a súa pegada sobre a economía española e o seu comercio dentro do novo contexto e fará unha breve análise sobre o tipo de políticas que son precisas para combater a inflación e que poden ser un elemento de impulso e mellora da competitividade.
Pola súa banda, Jorge Dezcallar revisará os vectores xeopolíticos que explican a día de hoxe as relacións internacionais, cunha especial atención nos conflitos máis actuais, como son a guerra de Ucraína e as tensións polas reclamacións territoriais de China con Taiwan. Alén disto, revisará a revolución dixital, atendendo ás súas posibilidades e os riscos que supón a realidade dun cambio acelerado.
Na quenda das conclusións, as e os asistentes reflexionarán sobre os desafíos xeopolíticos, enerxéticos, de defensa e económicos aos que se enfrontan España e a Unión Europea, e o impacto dos fondos Next Generation na economía nacional. Para rematar, as e os relatores debaterán sobre retos e oportunidades do tecido empresarial de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?