Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG creará tecnoloxía para fomentar a xeración de enerxía verde en portos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG creará tecnoloxía para fomentar a xeración de enerxía verde en portos

S. P.
Publicado: 21/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O porto de Ferrol nunha imaxe de Turismo de Galicia
O porto de Ferrol nunha imaxe de Turismo de Galicia
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) lidera un consorcio europeo dirixido a mostrar o papel esencial da dixitalización na descarbonización dos portos e no consumo e xeración eficiente de enerxía verde. Para iso, crearanse tres proxectos piloto, nos portos de Ferrol, Granadilla (Tenerife) e Leixões (Porto).
O consorcio, denominado ENEPORTS, conta cun orzamento de máis de 2,8 millóns de euros, financiados en parte pola convocatoria de Interreg Atlantic Area, e nel participan, ademais de ITG, a Autoridade Portuaria de Ferrol, de Tenerife, Leixões (Portugal) e Galway (Irlanda); así como a Universidade de Galway, Builders École d’Ingénieurs e o Instituto Tecnolóxico e de Enerxías Renovables de Tenerife.
En palabras de Santiago Rodríguez Charlón, director da área de Enerxía de ITG, “grazas a esta iniciativa, que se porá en marcha en novembro deste ano e finalizará a finais de 2026, os tres portos participantes converteranse en banco de probas de laboratorios de enerxía renovable terrestre e mariña, preparándose para fornecer electricidade limpa a buques e aos seus concesionarios, incluídos fabricantes de enerxía sustentable, e para facilitar a conexión e probas de prototipos destas enerxías, aproveitando os recursos locais e a proximidade ao mar”.
ENEPORTS incluirá a despregadura nos portos de sistemas de almacenamento ou produción de hidróxeno, así como alimentación eléctrica para o transporte marítimo e terrestre, e incrementarase a enerxía verde dispoñible a partir de diferentes tecnoloxías, impulsando o desenvolvemento tecnolóxico e económico e creando comunidades enerxéticas na súa contorna. En total, os portos de Ferrol, Granadilla e Leixões prevén a instalación de máis de 70 megawatts ata 2030.
Segundo explica o ITG, un dos grandes retos desta despregadura é a xestión eficiente dos fluxos de enerxía xerada por fontes renovables e a integración da hibridación de tecnoloxías de forma segura, mantendo a calidade da subministración enerxética”. Ao fío disto, os tres pilotos demostrativos de ENEPORTS permitirán examinar como a dixitalización e a IA poden contribuír á xestión eficiente de fluxos enerxéticos.
Estes pilotos baséanse no desenvolvemento de plataformas intelixentes para a monitoraxe e xestión da enerxía. A despregadura nestes portos “é a forma de demostrar na práctica a viabilidade das comunidades enerxéticas renovables portuarias”, explica o ITG, engadindo que “estas plataformas utilizarán algoritmos preditivos, xemelgos dixitais, machine learning e ferramentas avanzadas de análises para controlar eficientemente os fluxos enerxéticos e as regras de mercado interno de enerxía, mentres se aseguran a interoperabilidade e a ciberseguridade”.
Ademais, ENEPORTS estudará a viabilidade da utilización, nunha zona portuaria, dun novo dispositivo multifonte que produce enerxía a través da tensión dos cabos de amarre, en combinación cunha turbina hidráulica e paneis solares. Amais, probarase a viabilidade dun dispositivo de sistema de enerxía en terra (OPS) para remolcadores, baseado nun xerador de combustión alimentado por hidróxeno, e compararase con outras alternativas existentes.
ITG achega a súa experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía para comunidades enerxéticas, que adaptará para cada área portuaria no marco de ENEPORTS, da man de ITER, Universidade de Galway e as autoridades portuarias, instalando sistemas específicos de monitoraxe e control e desenvolvendo xemelgos dixitais dos sistemas renovables. A maiores, o ITG apoiará ás autoridades portuarias no deseño da metodoloxía para o despregadura de laboratorios renovables, e colaborará nas demostracións de viabilidade do sistema multifonte e do OPS con hidróxeno

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?