Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O prazo de inscrición de Nos tamén creamos! (Política Lingüística) estará aberto ata o 29 de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O prazo de inscrición de Nos tamén creamos! (Política Lingüística) estará aberto ata o 29 de setembro

S. P.
Publicado: 21/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nos_tamen_creamos-2-2.jpgCo inicio de curso vai quecendo motores o programa Nós tamén creamos!, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de “incrementar o uso do galego entre as xeracións máis novas” e “fomentar a presenza do galego nos centros de educación Infantil e Primaria a través da creatividade e da incorporación das TIC nas aulas, máis en concreto, mediante a creación de curtametraxes en galego cos técnica de stop motion”.
O premio inclúe unha dotación de libros infantís en galego para cada centro seleccionado, así como formación e asesoramento ao profesorado para que poida realizar cos estudantes curtametraxes de animación coa técnica de stop motion baseadas nos libros proporcionados.
No curso 2013-2014, o programa foi incluído no Plan Proxecta e ampliou a formación docente, que pasou a ser anual, con parte presencial e parte en rede, para os centros admitidos.
Desde o ano lectivo 2011-2012, a SXPL convoca anualmente o concurso Nós tamén creamos!, asociado ao programa, para centros de titularidade pública. Establece tres categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e 3º e 4º de Primaria.
Nós tamén creamos! desenvólvese en colaboración coa Compañía de RTVG e OQO Editora. As curtas premiadas publícanse no web da SXPL e no da CRTVG.
Grazas á colaboración coa CRTVG, estas curtas de animación poden verse na aplicación Xabarín desta entidade e na sección infantil da súa canle, o que, segundo informa a Secretaría Xeral, fai que medre “o efecto positivo na promoción da lingua galega, que non se restrinxe ao ámbito de cada centro senón que chega a un público moito máis amplo, mesmo de fóra da Comunidade Autónoma”. Por outra parte, o centro gañador na modalidade de 3º e 4º cursos de primaria ten a posibilidade de participar no Festival de Cans.
No curso 2022-2023 acordouse conceder no sucesivo un accésit, de ser o caso, para cada categoría e, no 2023-204, ampliarase o número de categorías cunha cuarta, para 5º e 6 de primaria.
O prazo de inscrición no programa remata o 29 de setembro e pódese facer a través do Portal de Educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?